top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O cruceño Xoán Blanco seguirá presidindo a militancia do BNG das comarcas de Deza e Tabeirós

Carme Fidalgo, veciña de Silleda e tamén con ampla experiencia na politica municipal, repite como vice-responsábel comarcal


Ecos da Comarca/Deza

A militancia do BNG das comarcas de Deza e Tabeirós veñen de escoller unha nova dirección comarcal o pasado luns día 16 de decembro. A elección tivo lugar nunha

concorrida asemblea comarcal que se celebrou en Silleda e na que os afiliados e afiliadas respaldaron por unanimidade a única lista presentada, encabezada por Xoán

Blanco Fernández, veciño de Merza (Vila de Cruces) e con ampla experiencia na política municipal. Pola súa banda Carme Fidalgo, veciña de Silleda e tamén con ampla experiencia na politica municipal, repite como vice-responsábel comarcal.

Blanco, que repite no cargo tras ser elixido xa no ano 2021, celebrou a implicación dos afiliados e afiliadas do BNG no proceso asemblear, destacando que os e as militantes son o auténtico motor da organización e celebrando que cada día se acheguen máis persoas á formación en tódalas localidades para participar da vida pública e transformar o país.


Así mesmo, Xoán Blanco fixou como reto incrementar a organización e o apoio electoral á formación nacionalista nas vindeiras eleccións municipais, que terán lugar no 2027. En palabras de Blanco, “o BNG está a vivir o seu mellor momento e estamos convencidos que nesta comarca -Deza e Tabeirós- imos xogar un papel relevante logo do seguinte proceso electoral municipal, sempre coa vista posta nas eleccións galegas de 2028. Ese será o principal obxectivo desta nova dirección e niso poñeremos desde xa todo o esforzo”.


Publicidade  


Nesa liña, a nova dirección comarcal actuará como ferramenta para dinamizar a actividade política e social das distintas localidades, achegando as propostas que o BNG está a expoñer como alternativa ao modelo que a Xunta do Partido Popular ten para o interior galego.


O resto do Consello Comarcal está formado polas seguintes persoas:

Nº 1. Xoán Blanco Fernández . ( Portavoz-Responsábel Comarcal)

Nº 2. Carme Fidalgo Colmeiro ( Vice-Reponsábel )

Nº 3. Ariadna Fernández González

Nº 4. Xoán Reices Villar

Nº 5. Erea Rey Presas

Nº 6. Alex Fiúza Mosquera


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Nº 7. Susana Tato Pampín

Nº 8. Roberto Jorge Correa

Nº 9 . Mario Vila López

Nº 10. Paula Rivela Cabana

Nº 11. Manuel A. Rendo Lema

Nº 12. Tania Cornado Molina

Nº 13. Francisco Outeiro Barcala

Nº 14 Carlota Salgado Leal

Nº 15. Xerardo Díaz Casal

Nº 16. Susana Camba Castro

Nº 17. Constantino Regueira Paz


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page