top of page

O cruceño Emilio Montilla e a veciña de Dozón Tamara García triunfan no Mundial Master de Carreiras de Montaña

Ecos da Comarca/Deza

Histórico resultado dos atletas do CD Biosbardo que se engade ó título de campións galegos por equipos de trailrunning colleitado esta tempada. Os seus atletas desprazáronse ata Canfranc, Huesca, para desputar o Mundial Master de Carreiras de Montaña nun entorno privilexiado con preto de 1400 atletas inscritos de 39 nacionalidades. Participaron dous dezás: o cruceño Emilio Montilla e a veciña de Dozón Tamara García.


Así o CD Biosbardo volta con 2 medallas individuais e 3 por equipos:

  • ‘Fico’ Losada – Subcampión do Mundo M45 e Campión por equipos

  • Emilio Montilla – Campión do Mundo por equipos M50

  • Tamara García – Campioa Absoluta modalidade Open

  • Enara Fernández – Campioa do Mundo por equipos W35

Na parrilla de saída 4 atletas do club: Federico Losada, Iván Sangiao, Emilio Montilla e Tamara García. A proba contaba con 34 quilómetros e un desnivel positivo de 2.000 metros, con saída e meta na Estación Internacional de Canfranc coronaba na primeria parte o Refugio Buenavista e na segunda o Collado Estiviellas facendo un último descenso ata a meta, situada na histórica estación.


FEDERICO LOSADA CONDE: SUBCAMPIÓN DO MUNDO M40 CAMPIÓN DO MUNDO POR SELECCIÓNS M45

O atleta de Barbadás (Ourense), membro da selección galega e nº 1 do ranking galego, foi o mellor de tódolos nosos representantes (e tamén dos galegos) na proba longa remontando postos a medida que pasaban os quilómetros, mellorando sensacións e consolidándose no máis alto da táboa clasificatoria.


Finalmente fíxose co subcampionato cun tempo de 3h 28’ a tan só uns segundos do primeiro clasificado, Santiago Mezquita. O premio do subcampionato foi redondeado co traballo colectivo acadando o combinado español o Título Mundial por seleccións na categoría M45.


EMILIO MONTILLA: CAMPIÓN MUNDIAL POR EQUIPOS M50

O atleta de Vila de Cruces (Pontevedra) protagonizou unha das remontadas da xornada con 19 posicións de ganancia na segunda parte da proba, parando o crono nuns estratosféricos 3h 45’ facendo que o combinado español se alzase coa vitoria na categoría M50. Tan só un choque cunha pedra no último descenso nos privou previsiblemente dunha remontada maior.


TAMARA GARCÍA – GAÑADORA ABSOLUTA DA PROBA OPEN

A atleta de Dozón (Pontevedra) non contaba coa idade master mínima para a competición polo que tomou parte na proba “open” ou aberta dominando de principio a fin. Con 4h 41’ a nosa deportista, actualmente a no4 do ranking galego, amosou a súa superioridade, facendo unha carreira solvente e ben xestionada cun liderato firme desde o primeiro sector de carreira, xa no refugio Buenavista, que non abandonaría ata coroarse como gañadora.


Publicidade

MOUNTAIN CLASSIC – 17K (DOMINGO 15) SUBCAMPIOA MUNIDAL POR EQUIPOS W35

Enara Fernández, a atleta de Caldas de Reis (Pontevedra) cunha xestión de carreira perfecta protagonizou outra das remontadas galegas. Na modalidade “classic” con 17 quilómetros e mil metros de ascenso remontaba 43 posicións logo de coroar o Refugio Buenavista, amosando as súas cualidades de descenso.


Enara foi a 3ª Española da categoría en entrar en meta, o que lle valeu ó combinado Español para alzarse co subcampionato W35.


Os mundiais master de Carreiras de Montaña son a antesala do que será Canfranc 2025, que albergará os mundiais absoluto de Montaña e Trail Running.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page