top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O cruceño Emilio Montilla e a veciña de Dozón Tamara García participarán nun mundial nos Pirineos

Trátase da master de montaña e trailrunning que se desputará esta semana en Canfranc


Ecos da Comarca/Deza

Esta semana despútase en Canfranc, Huesca o Mundial Master de Carreiras de Montaña, proba oficial da RFEA e World Athletics. O evento incluído dentro do programa “Canfranc-Pirineos” será a antesala do mundial absoluto de trailrunning que se desputará en 2025. Máis de 1400 atletas de 40 nacións desputarán as 3 modalidades das que se comprende o evento do 13 ó 15 de setembro.

O C.D.Biosbardo presenta un equipo á altura dunha cita mundialista con 5 atletas destacados que defenderán as cores do combinado español nas dúas modalidades máis longas, estando tamén en xogo non só os títulos individuais e de categorías senón tamén os títulos por seleccións nacionais:


MOUNTAIN CLASSIC – 17K

Con saída de Canfranc, cumio no pico Buenavista e baixada de novo á estación internacional, será a cita con máis nivel do evento.

Enara Fernández: "A deportista de Caldas de Reis (Pontevedra) será a nosa representante nesta carreira de 17 quilómetros e máis de 1.000 metros de ascenso", indica o clube.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

LONG DISTANCE – 34K

Percorre as dúas vertentes pirenaicas, con 34 quilómetros e 2.000 metros de ascenso coronará o pico Buenavista e o Estiviellas, sendo a modalidade onde o combinado español partirá como favorito. Os representantes deste clube serán os seguintes:


Emilio Montilla (Vila de Cruces, Pontevedra): Subcampión de España da modalidade na súa categoría este ano e bronce precisamente o ano pasado na localidade de Canfranc (cun trazado diferente).


Iván Sangiao (Rábade, Lugo): especialista en distancias máis longas xa desputou a Copa do Mundo nos Pirineos na pasada tempada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Tamara García (Dozón, Pontevedra): Actual No4 do Ranking Galego de trailrunning, desputará a modalidade ‘open’ non entrando na clasificación master pola data de nacemento.


Federico Losada (Barbadás, Ourense): No1 do Ranking Galego, forma parte tamén da selección galega, chega a Canfranc como o especialista máis en forma do momento no trailrunning galego.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page