top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña aproba os orzamentos para 2025 con 14,4M€

Os parques comarcais de bombeiros con sede en Carballo, Arteixo, Arzúa, Ordes, As Pontes, Cee, Santa Comba, Betanzos, Boiro e Ribeira forman parte deste ente


Ecos da Comarca/Xeral

O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Pontevedra, integrado pola Xunta e a Deputación da Coruña, aprobou onte os orzamentos de 2025, que ascenden a 14,4 millóns de euros.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou esta mañá xunto co presidente da deputación provincial, Valentín González Formoso, no Pleno do Consorcio provincial contraincendios e salvamento da Coruña, no que tamén se aprobou o convenio de colaboración entre o organismo e o Concello de Arteixo para a reubicación do parque provincial de bombeiros, actualmente situado nas instalacións do polígono de Sabón. Segundo o acordo, o concello asumirá a cesión dunha parcela e encargarase da licitación, a execución e o financiamento do proxecto. 


A Xunta e a Deputación coruñesa colaboran no funcionamento dunha decena de parques comarcais de bombeiros que dependen do Consorcio con sedes en Carballo, Arteixo, Arzúa, Ordes, As Pontes, Cee, Santa Comba, Betanzos, Boiro e Ribeira, que forman parte deste ente.


"O Goberno galego mantén o seu compromiso na atención ás emerxencias en todo o territorio galego, neste caso para apoiar a actividade dos parques de bombeiros da comunidade, a través dos consorcios. Ademais, a Xunta colabora cos servizos de emerxencias dos concellos tanto no seu funcionamento como na dotación de equipamento", sinala o ente autonómico.


Publicidade

En canto aos gastos, destinaranse 14.359.216,55 euros a operacións

correntes, dos cales:

  •  12.386.026,65 euros corresponden a gastos de persoal.

  •  1.966.689,90 euros a gastos correntes.

  •  1.500 euros a gastos financeiros.

  •  5.000 euros a transferencias correntes.

Os 77.000 euros restantes dedicaranse a operacións de capital.


No apartado de ingresos, prevese recadar 3.762.814,03 euros en taxas, distribuídas do seguinte xeito:

  • 600.000 euros pola prestación do servizo contra incendios.

  •  3.160.814,03 euros pola taxa de mantemento dese servizo.

  •  2.000 euros pola expedición de documentos.

O resto dos ingresos, que ascenden a 10.673.402,52 euros, procederán da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, cunha contribución de 5.336.701,26 euros por parte de cada entidade.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page