top of page

O Concello do Pino promove a igualdade coas ‘Xornadas familiares de corresponsabilidade’

A cita desenvolverase a tarde do sábado 28 e na mañá do domingo 29 de setembro e é necesario inscribirse previamente


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino celebra as Xornadas familiares de corresponsabilidade os días 28 e 29 de setembro. Esta iniciativa forma parte do proxecto Escola de homes e familia, unha proposta promovida en colaboración coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdad co obxectivo de fomentar a corresponsabilidade non fogar, promover a igualdade de xénero e crear espazos onde as familias poidan reflexionar e practicar a repartición equitativa das tarefas domésticas e dos tempos de coidado.

Estas xornadas, que se desenvolverán ao longo de dous días, ofrecerán un programa variado de actividades orientadas tanto ao lecer como á aprendizaxe e á reflexión sobre a

importancia de compartir responsabilidades non fogar. A programación está deseñada para que toda a familia poida participar e divertirse, á vez que se crea un espazo de sensibilización.


Publicidade

O sábado 28 de setembro as actividades comezarán ás 16:30 horas cunha xincana

corresponsable e familiar, onde as persoas participantes deberán colaborar en diferentes

probas, traballando en equipo e apoiándose mutuamente. A xornada continuará cunha

actuación musical, a partir das 18:00 horas, a coa apertura do parque de inchables dende

as 18:30 horas.


O domingo 29 de setembro a xornada comezará ás 10:00 horas cun doce almorzo de

chocolate con churros, ofrecendo ás familias un momento para compartir e socializar. A

continuación, ás 11:00 horas, organizase unha saída micolóxica, na que os asistentes

poderán explorar a natureza e aprender sobre as variedades de setas da zona, fomentando así a actividade física en familia e o respecto polo medio ambiente. A cita concluirá ás 13:00 horas coa volta de recollida e unha degustación dos produtos atopados, xerando un espazo de convivencia.


Publicidade

As inscricións para participar nas Xornadas familiares de corresponsabilidade deberán

realizarse presencialmente na Casa do Concello ata o 27 de setembro, en horario de 10:00

a 14:00 horas. Para aquelas persoas que necesiten máis información, o Concello pon a súa

disposición o teléfono 981 511 002, así como a páxina web oficial do Concello do Pino.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page