top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello do Pino celebra este sábado 14 de setembro a III Festa da Familia Papaventos

Ía ser a pasada fin de semana pero adiouse por mor previsión meteorolóxica


Laura Moure/O Pino

A área recreativa da Magdalena, en Castrofeito, converterase este sábado 14 de setembro no escenario da terceira edición da Festa da Familia Papaventos, unha celebración que cada ano atrae a un maior número de asistentes. Este evento, organizado polo Concello do Pino, está pensado para persoas de todas as idades, ofrecendo unha ampla variedade de actividades que buscan fomentar a convivencia e o entretemento en contacto coa natureza. A cita foi adiada debido a que o día 7 por mor da previsión meteorolóxica.

A festa comezará ás 12:00 horas cun espazo lúdico. Desde esa hora, tanto pequenos como maiores poderán participar en divertidos xogos populares como a carreira de sacos ou o tiro de boina, actividades que buscarán reavivar o espírito dos xogos tradicionais. Ademais, un emocionante concurso de tute será outro dos atractivos do día, onde os máis competitivos poderán demostrar as súas habilidades.


Un dos grandes atractivos da xornada é de novo a ampla oferta de obradoiros en familia,

que comezarán ás 12:30 horas. Nesta ocasión, os participantes crearán broches de fieltro e cadros de papaventos facendo voar así a súa imaxinación e amosando a súa creatividade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Espectáculos para todos os gustos

A programación de espectáculos deste ano é especialmente variada e inclúe propostas que garantirán risas e emoción a todos os presentes. Ás 13:30 horas, Inventi Teatro presentará a súa obra As palabras perdidas, mentres que ás 16:00 horas será o turno de Bandullo Azul, coa representación de Fazulas e o ladrón de Paraugas. A programación artística pecharase ás 17:00 horas co espectáculo circense Desastronauts, de Circo Expreso 2, que promete deixar coa boca aberta tanto a grandes como a pequenos.


Especialmente agardada é tamén a festa Holi, que terá lugar ás 12:15 horas, enchendo a

carballeira de cor e alegría grazas aos seus vibrantes pos de cores. Tamén haberá espazo

para refrescarse coa festa da escuma, prevista para as 19:00 horas, que sen dúbida será

un perfecto fin de festa e un dos momentos máis divertidos do día.


Xantar ao aire libre

A xornada incluirá, como é tradición, un xantar ao aire libre na carballeira a partir das 14:15 horas, creando o ambiente perfecto para que as familias poidan compartir unha

comida nun entorno natural incomparable. Pola tarde, desde as 17:00 horas, a Factoría de

Obradoiros permitirá a creación de tatuaxes temporais, tarxetas en forma de papaventos

e papaventos feitos con foamy modelable, completando así a oferta creativa da festa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais das actividades programadas, durante todo o día haberá postos de comida, regalos e moitas outras sorpresas para que todos os asistentes gocen dun día inesquecible.


A Festa da Familia Papaventos xa se consolidou como unha das citas máis importantes no

calendario festivo do Concello do Pino, ofrecendo unha combinación perfecta de xogos,

espectáculos e actividades familiares. Desde o Concello anímase a todas as familias a

sumarse a esta xornada especial, que promete converterse un ano máis nunha celebración

chea de alegría, cor e convivencia.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page