top of page

O Concello de Vila de Cruces oferta clases de baile de salón en Piloño

Hai prazas limitadas e é necesario anotarse previamente


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces programa unha nova actividade para a veciñanza. Trátase de clases de bailes de salón no local social Escolas Vellas de Piloño, onde os participantes poderán aprender os mellores pasos do vals, cha-cha-chá, tango, bolero, paso drobre, foxtrot, ademais de diferentes bailes latinos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A actividade, que terá un prezo total de 23 euros, celebrarase todos os xoves, de 19:00 a 21:00 horas, comezando a primeira sesión o vindeiro 8 de maio.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As persoas interesadas en participar nesta actividade, con prazas limitadas, poden inscribirse do 28 de abril ao 1 de maio no rexistro municipal ou chamando ao teléfono

do Concello (986 58 20 17).


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page