O importe máximo que poderá recibir cada beneficiario son 1.500 euros
A Casa Consistorial de Toques.
Autor: Ecos da Comarca
Laura Moure/Toques
O Concello de Toques convoca axudas para impulsar a actividade económica no sector da restauración no termo municipal debido á crise da Covid-19 que provocou o peche do sector en Galicia durante o primeiro trimestre do ano 2021. Así mesmo, a convocatoria ten por finalidade promover a consolidación do tecido da restauración, tratar de paliar as perdas económicas polo peche deste negocios durante varias semanas, así como apoiar o mantemento do emprego.
O crédito orzamentario que será de aplicación nesta convocatoria é de 10.000 euros, sendo 1.500 euros o importe máximo que poderá recibir cada beneficiario. Ademais, esta línea de axudas é compatible con outras en curso que se poden solicitar noutras administracións.
O prazo de demanda remata o 30 de xuño de 2021.
Para coñecer os requisitos e o procedemento a seguir os interesados poden consultar o seguinte enlace:
Comments