O Concello de Silleda renova o canalón do pavillón municipal César G. Fares
- ecosdacomarca
- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Estes traballos súmanse a outras tarefas de mantemento en instalacións deportivas e reparacións necesarias por mor do temporal nas últimas semanas
Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda vén de acometer os traballos de substitución do canalón lateral do pavillón municipal César González Fares de Silleda, para evitar filtracións no interior das instalacións. O deterioro deste canalón estaba a causar problemas na zona das gradas, polo que se apostou pola súa renovación. A actuación foi adxudicada á empresa Decotec, por importe de 9.600 euros.

Publicidade
Estes traballos, que se acometeron nos últimos días aproveitando o bo tempo, virán a mellorar as condicións de aillamento desta instalación deportiva, unha das máis utilizadas do municipio con actividades a diario.
Publicidade
Así mesmo, os traballos súmanse a outras reparacións necesarias de mantemento en instalacións deportivas e outras provocadas polos últimos temporais, caso da rede protectora no campo de fútbol de Silleda, onde as fortes rachas de vento dobregaron a estructura.
Comments