top of page

O Concello de Silleda recuperará antes de final de ano o espazo que ocupa Telefónica na Casa da Xuventude

Chegouse a un acordo clave ca empresa que será crucial para a ampliación da biblioteca


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de pechar un acordo con Telefónica para o cesamento da actividade na central telefónica situada no patio central da Casa da Xuventude, edificio que alberga tamén a biblioteca municipal Daniel Castelao. Trátase dunha edificación que ocupa a practica totalidade do patio central deste inmoble municipal e que dificultaba a posibilidade de ampliación e mellora da biblioteca municipal.

Segundo o acordo acadado, Telefónica comprométese a abandonar o espazo ao longo do ano 2025, e traballa xa no desmantelamento das instalacións técnicas, que require dunha intervención complexa para garantir que non se vexa afectado o servizo que presta á veciñanza. A previsión inicial é que o inmoble quede totalmente liberado antes de que remate o ano.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Porén, e só por razóns técnicas excepcionais, a empresa podería solicitar un máximo de tres prórrogas mensuais adicionais, que se avaliarán en función das condicións do proceso de retirada e sen afectar nunca á seguridade ou continuidade do servizo.


A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, lembra que “levamos anos traballando para recuperar este espazo clave e por fin estamos en disposición de dar ese paso. A súa liberación permitirá ampliar e modernizar o edificio municipal onde se atopan a biblioteca e a Casa da Xuventude, un servizo público esencial que queremos mellorar pensando sobre todo na mocidade”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concello empezará a traballar de inmediato na redacción dun proxecto de reforma da biblioteca que incluirá zonas de estudo máis amplas, novos espazos polivalentes para actividades culturais e unha mellora da accesibilidade. Esta actuación deseñarase de forma coordinada coa rehabilitación da antiga Casa do Concello.


Komentáře


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page