top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Silleda está a reparar e limpar vías e espazos públicos afectados polas fortes choivas

Operarios do departamento de Obras actuaron na Bandeira e continuarán en Taboada, onde a tromba do domingo arrastrou a terra dun prado causando estragos en vivendas e no Camiño de Santiago


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda está a traballar estes días na reparación e sobre todo limpeza de vías municipais e outros espazos públicos afectados polas fortes choivas dos últimos días.

A forte tromba de auga que se rexistrou ca tronada do domingo á tarde causou problemas en localidades como A Bandeira (onde xa se limpou a zona do calello da Empanada), en Carboeiro e especialmente en Taboada.

Neste último caso, hai xa un informe da Policía Local sobre os danos, xa que a tromba de auga arrastrou consigo a terra dun prado nas inmediacións de Taboada Vella, causando a presenza de lodos en varias vías, entre elas no tramo da calzada do Camiño de Santiago, xunto á ponte.


Dende o Concello xa se están a realizar os trámites oportunos para evitar que se volva a producir esta situación, xa que a terra do terreo en cuestión (cunha pendiente pronunciada) xa foi arrastrada noutra ocasión anterior, aínda que en menor medida que na da pasada fin de semana.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No caso de Carboeiro, a auga tamén entrou na recepción do mosteiro, así como noutras dependencias dada a gran cantidade de choiva rexistrada no domingo á tarde.




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page