top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Silleda e os clubs do municipio rendirán unha homenaxe a Joselu o vindeiro martes

O xogador do Real Madrid participará no descubrimento da placa co seu nome, co que se rebautizará o estadio de Outeiriño


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda rendirá homenaxe a vindeira semana ao xogador de fútbol José Luis Mato, máis coñecido como Joselu, que se atopa estes días no municipio descansando xunto á súa familia e amigos.

Fonte: Real Federación Galega de Fútbol

A cita será o vindeiro martes día 27 e comezará ás 12:00 horas cunha recepción na Casa do Concello por parte da Corporación e directivas de todos os clubes de fútbol do municipio, que tamén participan na homenaxe.


Joselu asinará no Libro de Honra do Concello de Silleda e os actos trasladaranse despois ata o campo municipal de Outeiriño, que dende o martes levará o nome do xogador, que vén de fichar polo Real Madrid e de facer un extraordinario papel ca Selección Española, que o pasado domingo se proclamaba Campiona da UEFA Nations League.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O estadio de Outeiriño pasará a levar pois o nome de Joselu Mato, dando cumprimento así ao acordo plenario do pasado mes de marzo.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O acto está aberto ao público. “É para toda a veciñanza de Silleda un motivo de orgullo que Joselu, un rapaz de Silleda, leve o nome do noso pobo por todo o mundo, despois de lograr grandes fitos, como participar nas tres ligas de Europa, e por suposto do brillante papel que tivo ca Selección, con goles decisivos para ese merecido título final”, engade o alcalde, Manuel Cuiña, que agradece así mesmo a colaboración dos clubs nos actos do vindeiro martes.


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page