top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Rodeiro pon en marcha de novo o 'Concilia Rodeiro' para rapaces de 3 a 16 anos

Ofértanse 30 prazas e está aberto prazo de inscrición ata o día 4 de setembro, incluido


Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Rodeiro pon en marcha de novo o programa Concilia Rodeiro dirixido á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos e empadroada no neste municipio. Esta iniciativa está cofinanciada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.

O seu principal obxectivo é ofertar un recurso de conciliación durante o curso escolar unha vez rematada a xornada lectiva para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos. Desta forma foméntase a corresponsabilidade entre homes e mulleres por medio de facilitar a unhas e outros a conciliación dos seus tempos persoais, familiares e laborais, ademais de proporcionar unha oferta de actividades lúdicas pero tamén educativas e inclusivas.


Arrancará en setembro

O programa dará comezo o 11 de setembro ata o 21 de decembro de luns a venres en horario de 16:20 a 20:20 horas de luns a xoves e os venres de 13:50 a 17:50 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ofértanse 30 prazas e está aberto prazo de inscrición ata o día 4 de setembro, incluido. Fóra dese prazo poderanse inscribir nenos e nenas de quedar prazas libres. Na folla de inscrición indicarase os días da semana que vai acudir cada participante. Dado que existen prazas limitadas, priorizarase ás unidades familiares monoparentais e/ou con mulleres en situación de vulnerabilidade e, en segundo lugar, a aquelas familias nas que ambos proxenitores traballen.


Prezo

O prezo por participar nas actividades fixarase en base á ordenanza de actividades educativas e irá dende os 20 aos 40 euros en función das horas de asistencia mensuais, con deducións para o segundo irmán, familia monoparentais, numerosas, rendas baixas e outras circunstancias especiais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para recibir máis información das condicións do servizo e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar a través do teléfono 986 790 185 ou do correo electrónico educadora@rodeiro.gal

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page