top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Palas de Rei traballa con Retegal na mellora da extensión da cobertura móbil

Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei está levando a cabo traballos de mellora na extensión da cobertura móbil naquelas zonas do municipio que polas súas condicións xeográficas e orográficas presentan unha escasa, ou nalgúns casos nula, cobertura nos teléfonos móbiles.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Para isto o Concello palense ten asinado un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia, a través, de Retegal para dotar a estas zonas das infraestruturas necesarias de cara a extensión da cobertura móbil.

En días pasados, procedeuse a instalación dunha antena, nun punto fixo da parroquia de San Xorxe de Augasantas, que mellorará o sinal da cobertura móbil e que estará operativo nas vindeiras semanas, en virtude do cal, agárdase que se vexan beneficiados os lugares de: Bistulfe, Vilariño, Albite, Cernada, Sucastro e Camoira, así como, a parroquia de Ferreira; parte da de Merlán; Hospital das Sexas e Moredo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Dende o Concello xunto coa operadora Retegal, estase a traballar para buscar novos puntos para asentar outras antenas similares nos lugares de Vilareda, Merlán, Vilar de Donas e Mosteiro coa finalidade de dar cobertura a esas zonas deficitarias, sen que elo ocasione prexuízos para a veciñanza.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page