top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Melide pon en marcha unha nova edición do Outono Cultural

Semana da Música, xornadas micolóxicas, teatro, concertos ou tradicional Magosto completan a variada programación


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide pon en marcha un ano máis un completo programa de actividades dentro do seu Outono Cultural. Teatro, música, gastronomía e tradición son algúns dos atractivos desta edición, que se estende ata comezos do mes de decembro.


A programación dá comezo co ciclo de teatro afeccionado O Teatro no Camiño. Organizado pola Asociación Cultural Charamela, todas as funcións terán lugar no centro

sociocultural Mingos de Pita, os días 12, 19 e 26 de outubro, logo das funcións xa

celebradas os días 5 e 6.


Haberá dous espectáculos de teatro familiar durante o mes de outubro. O primeira deles

será o domingo 13, coa representación de Ninja da compañía Os Ghazafelhos. Terá

lugar ás 18 horas no centro sociocultural Mingos de Pita. O seguinte domingo, o 20 de outubro, Malasombra Producións representará A tartaruga Manola; no mesmo lugar e á mesma hora.


O xoves 24 de outubro, dentro das actividades do Día da Biblioteca, Títeres Babaluva levará a cabo senllas funcións para público escolar, ás 10 e ás 11:30 horas,

representando A filla do Cacharulo. O domingo 27, as actividades do mes de outubro chegan á súa fin co fantástico concerto que ofrecerá a Banda de Música Popular de Tui ás 18:30 horas no centro sociocultural Mingos de Pita.


A música será precisamente unha das grandes protagonistas do mes de novembro, coa

celebración dunha nova edición da veterana Semana da Música da Terra de Melide que organiza a Coral Polifónica. Terá lugar os días 9, 10, 16, 17, 23 e 24 de novembro.

Os sábados 2 e 16 do mesmo mes celebraranse as Xornadas Micolóxicas. Levaranse a cabo, en horario de 10 a 14 horas, senllas saídas ao monte nas que se explicará como identificar correctamente as especies comestibles de cogomelos e como diferencialas das

velenosas. As prazas para esta actividade son limitadas. Pode facerse a inscrición no departamento de cultura do Concello, chamando ao número 981 50 50 03 ou no correo


O domingo 3 de novembro terá lugar unha nova edición do Magosto. Esta celebración

tradicional desenvolverase durante toda a tarde no Cantón de San Roque. Arrincará ás

17:30 horas con xogos tradicionais. Dende as 19 horas haberá degustación de castañas do país e de chocolate. Ás 19:30 horas, o grupo Zurrumalla ofrecerá un concerto que porá fin á xornada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O venres 29 de novembro, o centro sociocultural Mingos de Pita acollerá ás 20 horas a

proxección do filme documental Bravú XXX, unha interesante e instrutiva viaxe pola historia do movemento musical homónimo.


O domingo 1 de decembro, a programación do Outono Cultural rematará co espectáculo

de danza O que non se ve, a cargo do grupo Et Suseia Danza. Será ás 18 horas no centro

sociocultural Mingos de Pita.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Коментарі


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page