top of page

O Concello de Melide organiza un variado programa de actividades para converter abril no mes do libro

Ofrecerá actividades de dinamización de lectura e espectáculos de contacontos, situando sempre a rapazada como un colectivo prioritario á hora de difundir hábitos lectores


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide organiza un variado programa de actividades para converter abril, un ano máis, no mes do libro no municipio. “Abril, mes do libro” ofrecerá actividades de dinamización de lectura e espectáculos de contacontos, situando sempre a rapazada como un colectivo prioritario á hora de difundir hábitos lectores.

O propio Día do Libro, o mércores 23 de abril, o alumnado de 4º curso de Educación Primaria desfrutará en sesión dobre (10 e 11:30 horas) de “O Trotacontos – A Volta ao mundo de conto en conto”. Acompañados polos míticos Phileas Fogg e Passepartout, percorrerán o mundo xogando coa xeometría ou a papiroflexia, ademais de identificando

imaxes a través de sombras.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O xoves 24, as e os alumnos de educación infantil asistirán ao espectáculo (10 e 11:30 horas) Descontacontos, unha obra de contacontos teatralizado con monicreques. Unha divertida historia onde o avó Carmelo e o canciño Rus achegan contos á rapazada, cheos de personaxes e acontecementos inverosímiles grazas á prodixiosa imaxinación e escasa

fidelidade ao material orixinal do narrador.


O venres 25, ás 10 e ás 11:30 horas, o alumnado de 5º de primaria participará na actividade de animación á lectura “Descubrindo novos mundos – As grandes expedicións”. Unha aventura onde se xoga coa percepción espacial e temporal, a lingüística e a escritura xeroglífica para descubrir as máis grandes civilizacións do pasado e as súas marabillas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Como actividade complementaria ás actividades polo Mes do Libro, colocarase na entrada da biblioteca municipal un Baúl Máxico de Ideas para que as persoas poidan recomendar libros para a biblioteca, indicando o título da obra e máis o nome da autora ou autor.


Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page