Estes pertencen á Deputación de Pontevedra, á Xunta e ao Ministerio
Laura Moure/Lalín
O Concello solicita á Deputación, á Xunta e ao Ministerio o mantemento de beiravías e cunetas nas estradas de titularidade destas administracións.O concelleiro de Obras e Servizos, José Cuñarro, explica que as socilitudes son a consecuencia das deficiencias que presentan moitas áreas, supoñendo un perigo para a circulación tanto de vehículos como de viandantes e de ciclistas, ao reducirse a visibilidade.
Estas son as relacións das estradas nas que se solicita esta limpeza:
De titularidade provincial EP-6001 Lalín-Gresande EP-6002 Botos-A Xesta EP-6003 Soutolongo-San Pedro EP-6004 Vilatuxe-Prado EP-6005 Prado-Bodaño EP-6006 Palmou EP-6007 A Goleta-Cercio EP-6009 Lalín-Brántega EP-6010 As Lamas-Ventosa
Publicidade
De titularidade autonómica
PO-203 Travesía Vilatuxe-Cruz da Grade PO-206 Lalín-Vila de Cruces PO-533 Lalín-Rodeiro PO-534 Lalín-Laro
Publicidade
De titularidade ministerial N-525 no treito de Lalín a Silleda N-640 no traxecto de Lalín a Agolada (incluídos nos antigos treitos de estrada: entre Goiás e A Veiga, en Meixomín-Muimenta e en Cadrón).
Commentaires