top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Arzúa organiza con SEDRA o obradoiro de sexualidade “Encantada de coñecerme”

As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 26 de outubro


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa a través da Concellaría de Igualdade, a través do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa, e a Federación de Planificación Familiar SEDRA desenvolverán unha nova edición do obradoiro presencial sobre autocoñecemento e saúde sexual dirixido a mulleres.

Estes obradoiros están dirixidos a crear espazos de ensino e aprendizaxe grupal sobre a sexualidade e a saúde sexual, en relación aos seus aspectos físicos, biolóxicos e sociais.

"Estes talleres terán como obxectivo aumentar os coñecementos das participantes en conexión coas súas propias vivencias; dar resposta ás súas inquietudes, normalizar diferentes situacións, e ofrecer unha base común que lles permita tomar decisións autónomas sobre a súa sexualidade e relacións, en base ao seu propio marco de valores." sinalou Lucía López, Concelleira de Igualdade


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Así mesmo, os talleres permitirán mellorar as súas actitudes cara á sexualidade, entendéndoa como unha dimensión humana fundamental, como unha realidade diversa e como un valor; e mellorará as súas habilidades de comunicación e negociación. Desta forma, contribuirase a un maior benestar por parte das mulleres, a unha maior prevención de riscos e, en definitiva, a un maior grao de saúde sexual. Os talleres suporán, ademais, un espazo de encontro que permita a posta en común de opinións e vivencias e, en moitas ocasións, a axuda mutua que redunda tanto na adquisición de habilidades por parte das mulleres, como na creación de redes de apoio.


Os contidos son:

  • Concepto de sexualidade, saúde sexual e outras cuestións afíns. • Autoestima e benestar. • Momentos vitais clave. • Entre a pel e a cultura; o sistema sexo-xénero. • Anatomía e fisioloxía da sexualidade, a erótica e a reprodución. • Hixiene e coidados. Maternidade. • Prácticas conceptivas, aconceptivas e métodos anticonceptivos. • Prevención de infeccións de transmisión xenital, buco-xenirtal e VIH. • Relacións de parella. Mitos relacionados co amor romántico. Roles de xénero. • Creación de relacións positivas e saudables. • Sistema normalizado de atención á saúde. Recursos de proximidade.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O obradoiro constará de dúas sesións que se impartirán os sábados 28 de outubro e 11 de novembro na Casa Beatriz.


A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa (Rúa Santiago, 2), chamando ao 981 501 101. As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 26 de outubro.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page