top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Arzúa reforza os traballos de limpeza de desbroce e limpeza de vías municipais

Laura Moure/Arzúa

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, informa do reforzo nos traballos de limpeza e desbroce de vías e camiños municipais posto en marcha nos últimos días desde este Concello. Estes traballos complementan o que xa fai semanas está a desenvolverse a través da brigada municipal, e continuarán ao longo das próximas semanas en diversos puntos das parroquias do noso concello. As tarefas a realizar incluirán todas as operacións precisas para desbrozar a natureza existente nas vías municipais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.

O rexedor destaca a importancia deste servizo para “tratar de enmendar o problema viario que arrastran diversas pistas e estradas municipais, invalidadas pola maleza. Desde a Alcaldía somos conscientes de que a vexetación que medra nas marxes das estradas causa un efecto perxudicial ás vías así como as persoas usuarias das mesmas e á súa seguridade e comodidade de circulación” e engade que “o feito de que o Concello non dispoña dos medios persoais e materiais necesarios para garantir a realización destas actuacións dunha maneira áxil en todo o concello non pode ter como consecuencia que nalgúns puntos concretos a maleza chegue incluso a reducir o ancho da estrada así como a visibilidade, supoñendo un perigo para peóns e vehículos. Por iso tomamos a decisión de reforzar estes traballos de limpeza cun contrato de servizos que vai permitir garantir esta necesaria limpeza viaria".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Con todo somos conscientes de que estas actuacións poden non cubrir todas as necesidades existentes no total das parroquias do noso Concello, por iso apelamos á colaboración da veciñanza pedíndolle que se detectan algunha zona das súas aldeas que quede sen limpar, que nolo fagan saber. As portas da Alcaldía están sempre abertas para as necesidades que as veciñas e veciños poidan ter”, conclúe o mandatario.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page