top of page

O Concello de Antas de Ulla convoca unha nova concentración o día 20 diante do centro de saúde

Durante a cita informarase da campaña de recollida de sinaturas ante grave situación da atención sanitaria neste municipio


Laura Moure/Antas de Ulla

Este venres, día 20 de setembro, ás 12:00 horas diante do Centro de Saúde de Antas de Ulla, terá lugar a recollida de sinaturas dos veciños e veciñas “pola grave situación da atención sanitaria no concello”. “A situación agravouse nas últimas semanas, con bastantes días sen médico e citas a pacientes que se anulan o mesmo día da cita”, explica a alcaldesa, Pilar García Porto.

A concentración que tivo lugar polo mesmo motivo o pasado xullo en Antas.

Ademais, hai moito retraso para probas médicas ou consultas de especialistas. “Para unha poboación envellecida, non é sinxelo tramitar na web ou por teléfono os cambios e as citas, e xa non digamos que teñan que desprazarse ata o HULA ou Palas, pagando taxis con pensións de 700 euros”, engade a rexedora. “A semana pasada, remitimos unha nova carta ao conselleiro de Sanidade, espero que nalgún momento nos reciba”, engade García Porto.


Nun bando aos veciños, a alcaldesa lembra que “como representante de todos os veciños e veciñas do Concello de Antas de Ulla, o venres día 21 de xuño, púxenme en contacto co conselleiro de sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para que cubra a praza do médico xubilado así como para que nos informara da construción do novo centro de saúde compromeIdo pola Xunta de Galicia”.

Publicidade

“Despois de case 3 meses sen resposta a miña carta, pedimos outra vez reunión co Conselleiro. Novamente véxome na obriga de convocar a todos os veciños e veciñas do Concello de Antas de Ulla á unha concentración diante do centro médico o venres 20 de setembro ás 12 horas, para que simbolicamente se entenda a necesidade de cubrir a vacante por xubilación dun médico xa que ca saúde non se pode xogar”, engade.


Durante a concentración informarase "da campaña de recollida de sinaturas entre toda a veciñanza para reforzar “as nosas demandas ao conselleiro de Sanidade. Grazas pola vosa asistencia!".


Compartimos o vídeo da concentración feita polo mesmo motivo o pasado mes de xullo:



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page