Ecos da Comarca/Lalín
O concelleiro socialista de Lalín, Mario López, cualificou este domingo de “pésimo, lamentable e de vergoña” o estado do pavillón municipal na tarde do sábado cando o Balonmán Lalín recibiu ao líder da categoría, o Lanzarote. Subliña que a imaxe mostrada exemplifica á perfección o “despropósito que se instalou na concellería de Deporte, coa xestión de Avelino Souto”.
Publicidade
López sinala que “o acontecido a causa da irresponsabilidade do goberno local e indigno para unha categoría como a primeira nacional e para calquera club, pero máis, se cabe, para unha das nosas referencias como é o Balonmán Lalín”. “A división dos dous campos non existe, as lonas pubricitarias caendo, rotas, desfeitas... O marcador estropeado desde hai meses sen que o arranxen, habilitaron un pequeno enriba da mesa cronometradora que desde o lateral non se ve, a megafonía (obrigatoria nesta categoría non se escoitou)”.
Publicidade
“Un cúmulo de despropositos aos que nos ten acostumado o concelleiro de Deportes de Lalín, que ten un asesor e é o concelleiro que máis cobra por hora deste país”, engadiu.
Publicidade
O deporte está para o socialista “abandonado”. “O Arena segue con goteiras e cunha xestión pésima, as canchas de tenis desfeitas, os clubs esquecidos, no Cortizo prometeron facer un estadio cunha grada de primeira división e cinco anos despois somos o único campo de fútbol de Galicia sen marcador”, subliñou. Mario López deulle os parabéns ao Lanzarote pola súa vitoria e ao Lalín por competir ante un gran equipo tirando de canteira.
Comentários