top of page

O Centro Social de Silleda acollerá clases de baile para foliada dirixidas a persoas adultas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O custe é de 15 euros por mes e para anotarse as persoas interesadas deben inscribirse


Ecos da Comarca/Silleda

O Centro Social de Silleda acollerá dende abril e ata xuño un curso da baile tradicional para foliada dirixido a persoas adultas. As clases serán os mércores, en horario de 18:45 a 19:45 horas, comezando xa a vindeira semana, o mércores día 2.

O custe é de 15 euros por mes e para anotarse as persoas interesadas deben inscribirse chamando ao teléfono 616 489 757. Hai un máximo de 20 prazas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta iniciativa virá a sumarse á programación que se está a deseñar dende o Concello de Silleda arredor do Día das Letras Galegas, adicado este ano ás cantareiras e que se levará a cabo en colaboración con agrupacións e colectivos do municipio ao longo do mes de maio. Nos vindeiros días darase a coñecer a proposta poñendo no foco a figura das cantareiras e a tradición oral.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page