top of page

O Centro Comercial Aberto de Arzúa sortea unha viaxa na súa campaña polo Día da Nai

Está prolongase dende o pasado mércores ata o 4 de maio


Laura Moure/Arzúa

O Centro Comercial Aberto de Arzúa presenta a súa campaña de dinamización comercial “Sorteo Especial DÍA DA NAI”. Dentro de esta promoción, tódalas persoas maiores de idade que realicen mercas no CCA Arzúa e agasallen cos establecementos asociados por un importe superior a 15 euros participarán no sorteo dunha estupenda escapada. Deste xeito, os clientes que efectúen unha merca nalgunha tenda asociada durante a campaña e segundo establecen as bases entrarán no sorteo de 1 BONO DE VIAXE que poderá ser canxeado nunha axencia de viaxes segundo a preferencia da persoa premiada.

A campaña prolongarase dende este mércores 23 de abril ata o domingo 4 de maio; Día da Nai, e os clientes para poder participar deberán depositar un tícket na urna de AECA, habilitada para tal fin no mostrador das tendas do CCA, anotando no reverso o seu nome e apelidos xunto cun número de teléfono ben lexible.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tras a celebración do Día da Nai, AECA procederá a realizar o sorteo o 7 de maio, en directo dende a emisora de Radio Arzúa, momento no cal se fará público o nome do cliente gañador desa estupenda viaxe. Así mesmo, AECA tamén dará conta do resultado do Sorteo Especial Día Nai a través das súas redes sociais e da páxina web: www.aecomarcadearzua.com onde xa se poden consultar as bases de participación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con esta iniciativa, que ven premiar a predilección polo comercio local arzuán, o colectivo empresarial da Comarca de Arzúa anima a veciños e visitantes a realizar as compras nas súas tendas de proximidade, onde destacan que a pequena tenda física sempre pode ofrecer ao cliente unha mellor experiencia de merca ca os xigantes online ou as grandes superficies.


Kommentarer


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page