top of page

O BNG preguntará no Parlamento de Galicia pola parcelaria de San Salvador de Castro, en Dozón

Ecos da Comarca/Dozón

Ariadna Fernández González e Secundino Fernández Fenrández, deputada e

deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro

do disposto no Regulamento da Cámara, presentan unha pregunta para resposta

oral no pleno do Parlamento de Galicia, sobre as parcelarias no concello de Dozón.

"A crise demográfica da comarca do Deza-Tabeirós e Terra de Montes é especialmente grave en concellos coma o de Dozón, situado na área máis interior e onde o descenso da poboación é aínda máis acusado que nos concellos veciños. Na actualidade o retroceso no número de habitantes afecta xa a 6 das 8 parroquias, baixando no total do concello dos mil habitantes, feito que se produciu por primeira vez na historia no ano 2024, ao contabilizar 985. Chegan, deste xeito a 16,1 hab/km2, sendo un dos dous concellos da provincia que baixa dos 20", explica o Bloque. "O envellecemento poboacional e a falla de oportunidades laborais son dous dos principais motivos polos que este tipo de concellos rurais perden habitantes, sumado á falla de servizos que os afectan e que o Consello de Contas recrimina nos seus informes ao goberno galego", engade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

É por todo isto que, indica o BNG, que "coidar e favorecer o desenvolvemento das empresas que están asentadas nestes municipios e no seu territorio é básico para non continuar coa deriva de despoboamento ou, en todo caso, enlentecela o máximo posible. O concello de Dozón, presenta unha elevada carga gandeira, superando a media

de Pontevedra (2,1) e a de Galiza (3) ao chegar a 7,6 UGM/ha. A presenza de explotacións avícolas, adicadas ao porcino e a outro tipo de crías intensivas de gando é moi elevada mais, se restamos este tipo de producións e nos centramos só nas dependentes de base territorial a través do pastoreo ou das súas derivadas a carga

gandeira baixa e pasa a quedar en 2,2 UGM/ha, polo que a presenza de gando bovino non sobresae da media".


Ademais, apunta que a dispoñibilidade de terra agraria para uso agrogandeiro "é un problema extensible a moitas áreas de elevada carga do noso país, sen esquecer que a distribución das propiedades e o minifundio foi e é na actualidade unha grave eiva na continuidade e rendibilidade das explotacións gandeiras galegas. As múltiples reestruturacións parcelarias teñen uns procesos excesivamente lentos e complexos, de xeito que a dispoñibilidade de terra ben estruturada chega, en moitos casos, cando a gandería xa marchou das áreas onde se levan a cabo. No caso de Dozón, unha das parcelarias que leva décadas en proceso é a de San Salvador de Castro, cuxo decreto foi aprobado o 22 de setembro de 2022, coa publicación posterior no DOG o mes seguinte".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

E sinala o BNG, que as últimas novas sobre esta reestruturación en Dozón "son do 23 de abril de 2024, xa fai case un ano, momento no que se expuxeron publicamente os planos para que os propietarios/as identifiquen as propiedades e acrediten a súa titularidade".


Por todo o exposto o BNG formula a seguinte pregunta para resposta oral en Pleno:

Que prazos se manexan no caso da reestruturación parcelaria de San Salvador de Castro?


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page