top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG de Silleda propón a elaboración dun plan de mellora das estradas de competencia municipal

Pide que a conservación destes viais sexa unha prioridade nos orzamentos e chama a abrir un debate sobre a necesidade de priorizar investimentos básicos para o día a día


Ecos da Comarca/Silleda

O Grupo Municipal do BNG de Silleda acaba de presentar unha moción para o seu debate no próximo pleno ordinario, na que insta ao goberno municipal a elaborar un plan integral de mellora dos camiños da súa titularidade. "A proposta xorde logo de ver o resultado dos traballos de bacheo que estivo realizando estes meses o Concello en diferentes parroquias -sempre antes dos días de festa"- e que son cualificados polos nacionalistas como “de pura estética, pouco duradeiros e ineficaces”.

Así, desde o BNG lamentan que "a aplicación do asfalto en frío se faga sen realizar unha

boa limpeza previa de herbas, gravas e po, o que impide que o novo asfalto se adhira

correctamente e acabe por deformarse ou desprender tralo paso de calquera vehículo algo pesado, abríndose de novo o burato aos poucos días". O BNG lamenta tamén que

"a decisión sobre que buratos tapar recaia directamente nos operarios, e non responda

a un traballo previo de análise da situación e das prioridades por parte do goberno municipal".


Para os nacionalistas, “este xeito de actuar amosa o pouco que lle importa o medio rural

ao goberno municipal, que se dedica a malgastar recursos públicos e repartir parches de asfalto, en lugar de realizar un traballo de análise e unha planificación integral que permita ir resolvendo os problemas de conservación dos camiños municipais”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Fronte a isto, desde o BNG propoñen ao goberno un cambio de estratexia, consistente en preparar un “Plan de mellora de estradas municipais”, no que se listen todas as vías municipais que precisan ser arranxados, se indique o tipo de arranxo proposto, e se definan uns criterios que permitan priorizar uns traballos sobre outros. "Dese modo, obteríase un documento vivo, aberto a toda a veciñanza, no que irían entrando novos camiños que precisen arranxo e irían saíndo aqueles xa mellorados, ofrecendo transparencia e evitando a discrecionalidade respecto dos investimentos realizados".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para a consecución deste Plan, desde o BNG propoñen ao Pleno destinar unha partida

específica en todos os orzamentos, de modo que a conservación e mellora da rede viaria

municipal sexa unha prioridade nos vindeiros anos. Nese sentido, chaman ao Pleno a abrir un debate sobre a necesidade de priorizar os investimentos en obras básicas para o día a día dos veciños, como asfaltados ou redes de auga e saneamento. "Compre lembrar que o PSOE local adquiriu o compromiso de incluír unha partida orzamentaria para a extensión das redes de abastecemento -no acordo de negociación das dedicacións exclusivas- compromiso que non se está a cumprir pola negativa do goberno a presentar un novo orzamento desde 2022", recalca o BNG.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page