top of page

O BNG de Silleda denuncia "incumprimentos do Concello en materia laboral no SAF"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

“Para nós, manter a xestión municipal, vai ligado a realizar un bo traballo de coordinación do servizo, e vemos que iso en Silleda non se está cumprindo”, recalca a portavoz municipal, Erea Rey


Ecos da Comarca/Silleda

O BNG de Silleda faise eco "das queixas presentadas por un grupo de profesionais de atención directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) por causa da existencia de incumprimentos en materia laboral por parte do Concello". Así, sinala que as traballadoras critican a maneira na que "o servizo é organizado desde o Concello poñendo o foco nalgunhas prácticas contrarias ao Convenio e ao Estatuto dos Traballadores".

Falas das seguintes:

• "Incumprimento do descanso mínimo entre o fin dunha xornada e o inicio da seguinte, que debería ser de 12 horas".

• "A falta total de planificación que fai que reciban numerosos cambios ao longo da semana dos horarios, en ocasións con menos dun día de antelación ou incluso no propio día".

• Ademais, denuncian que "algunhas teñen a xornada partida en tres ou catro períodos nun mesmo día e que o territorio non está dividido en zonas, o que implica que unha mesma traballadora pode facer un servizo en Cira, e o seguinte en Parada, a máis de 30 quilómetros de distancia".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

• Tamén se queixan as asistentas "de que son obrigadas a usar o seu móbil persoal para instalar as aplicación de traballo, sen que desde o Concello se ofreza unha alternativa, impedindo as traballadoras desconectar do traballo fóra do horario laboral".

• "A realización de moitas horas extraordinarias por parte dalgunhas asistentas, á vez que outras realizan menos horas das que lles correspondería".


O BNG indica que "todas estas circunstancias, que foron denunciadas polas traballadoras ao goberno por medio da presentación dun escrito, implican que as asistentas deben estar a plena disposición do concello case a totalidade do día e impiden que poidan conciliar o traballo coa súa vida persoal e familiar".


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o BNG de Silleda, reclaman á alcaldesa e á concelleira de benestar que clarifiquen publicamente se eran coñecedoras de ditos incumprimentos, e esixen que, de maneira inmediata, tomen as medidas necesarias para garantir que o servizo se presta sen incumprir os dereitos básicos das traballadoras.


Ademais, desde o BNG denuncian "que esta mala coordinación por parte do goberno municipal explicaría tanto a falta de interese de novas persoas para entrar a traballar no servizo (o que fai que os procesos de contratación queden desertos), como o sobrecusto do servizo para as arcas municipais, por mor das numerosas horas extraordinarias e dos quilómetros que se pagan en exceso debido á falta de zonificación. Compre lembrar o compromiso adquirido polo grupo socialista de manter a xestión municipal, o cal quedou plasmado no acordo asinado entre ambas formacións políticas en xullo de 2023, e que implicou desbloquear a dedicación exclusiva da Concelleira de Benestar (26.300 euros brutos anuais), polo que lle esixen que cumpra co seu traballo".



0 comentarios

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page