top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG de Lalín sinala que o "goberno local endebeda e afoga as arcas cunha cifra récord de 10.259.051€"


Ecos da Comarca/Lalín

O voceiro nacionalista, Paco Vilariño, indicou que grazas ao traballo do BNG, e

diante da negativa sistemática por parte do PP a facer públicos osdatos, a cidadanía de Lalín pode ser coñecedora da gravísima situación económica na que se atopan as arcas municipais do Concello. Fala de que o Concello ten unha débeda de máis de 10 millóns de euros.

Vilariño lembra que este goberno municipal non só se negou ao longo de todo o mandato a facer pública a situación real das contas municipais, senón que hai poucos días incluso chegou a mentir na presentación dos orzamentos municipais onde dixo que era de 7,8 millóns, como queda claramente demostrado coa publicación dos datos aportados polo BNG. Afirman os nacionalistas que este é o resultado dunha política baseada no derroche máis irresponsable e na utilización dos cartos públicos en beneficio do PP e dos seus amigos.


Resultado desta gravísima realidade na que nos sumíu o PP a todos os veciños é a espectacular suba dos intereses e das amortizacións. A suma do Capítulo III (Intereses) que sobe en 513.466€ (+ 1200%) e a do Capítulo IX (Amortizacións) que sobe en 177.630€ (+147%) reflicte ás claras a cantidade obscena que no ano 2024 a veciñanza de Lalín vai ter que pagar aos bancos en xuros e amortizacións: nen máis nen menos que 691.096€, afirma o voceiro nacionalista.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Apuntan os nacionalistas que a sociedade está sufrindo as nefastas políticas económicas do PP diante desta situación de endebedamento. Por un lado, soben dun xeito exponencial os impostos á cidadanía: o IBI nun 25% o que vai aumentar a carga fiscal neste imposto á veciñanza en 486.081€, a recuperación do imposto de Plusvalías en 222.000€, e tamén o do ICIO que vai supoñer restarlle da economía familiar dos lalinenses 400.000€ no vindeiro ano como mínimo (o Capítulo II de ingresos (Impostos indirectos) experimenta unha suba espectacular do 167%; por outro, venden o patrimonio

público para recadar 970.196€ e pagar así unha parte dos seus proxectos faraónicos como é a Gran Praza; por outro o aumento sen precedentes do gasto en amortizacións e pago de intereses da débeda; e finalmente dilapidaron os remanentes de tesourería (quédanlle só 200.000€, poñendo até en serio risco o cobro das nóminas dos traballadores

municipais).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Clara mostra que existe para o BNG outro xeito radicalmente oposto ao do PP de gobernar, lembra Vilariño, que cando deixaron o Goberno, non só sanearon as arcas municipais da mala situación na que as atoparon, senón, que deixaron a

débeda a 0 e máis de 6 millóns en caixa.


Para o BNG é inaudito que diante desta situación “de coma financieiro”, o Goberno municipal teña a desfachatez de aumentarse exponencialmente os seus xa elevadísimos salarios, supoñendo un importe anual de 649.589€, o que amosa unha falta de sensibilidade absoluta cos enormes problemas económicos que está pasando a maioría da cidadanía e que supón ter un goberno que nos vai costar a todos os veciños a frioleira de máis de 4 millóns de euros neste mandato.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Destaca o BNG, que partindo do relatado anteriormente, resulta máis doloroso aínda ver a destacada baixada das partidas (241.930€, un 16%) para gasto social, entidades sen ánimo de lucro, clubes deportivos, asociacións, etc, iso si, os chiringuitos dos seus amigos seguen intactos, afirma Vilariño.


Para rematar sinala Vilariño,que tendo unha débeda tan desorbitada como é 10.259.051,84 €, pídelle ao PP que sexa responsable e realista cos cartos que son de todos os veciños e reflexione cara onde nos levan, polo que lle esixe un cambio radical á hora de xestionar os recursos públicos baseado na transparencia, no interés xeral e onde a xente sexa o prioritario.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page