top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG de Lalín insta á Xunta de Galicia a ampliar o horario da escola infantil do parque empresarial

Demanda que permaneza aberta en horario de 8 da mañá ás 19:30 horas


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín insta á Xunta de Galicia a ampliar o horario da escola infantil do parque empresarial Lalín 2000, de xeito que permaneza aberta en horario de 8 da mañá ás 19:30 horas. Esta será unha moción que levará ao vindeiro pleno da Corporación Municipal.

"Conciliar a vida familiar e laboral de pais e nais, ten que ser un obxectivo irrenunciable que se ten que marcar a administración, sobre todo, cando as crianzas aínda non se atopan en idade de escolarización obrigatoria. Para acadalo, temos que contar con escolas infantís que teñan adaptado o seu horario coa xornada laboral dos seus proxenitores, máis aínda no caso das que están situadas nos polígonos industrias como é o caso da Escola Infantil do Polígono Lalín 2000", resalta o partido nacionalista.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Na actualidade, apunta, esta escola infantil oferta un horario de 8:00 horas até as 17:30

horas, oferta esta que ao entender do BNG, e de moitas nais e pais que "así nos trasladan as súas queixas, resulta a todas luces insufuciente ao non adaptarse ditos horarios coa realidade da xornada laboral que teñen a maioría dos traballadores e traballladoras no noso concello, e en especial no polígono industrial onde está ubicada. Defendemos que dito servizo ten que ten unha visión de globalidade para atender ao conxunto da poboación, mais a realidade actual non garante a oportunidade de condicións en igualdade e non permite unha conciliación familiar e laboral desexada. Para nós é un servizo fundamental tamén á hora de querer fixar poboación no noso Concello".


Resulta, sinala, "unha auténtica contradición o horario de dita escola infantil debido a

que ao pechar ás 17:30 hora non se adecúa á xornada laboral que se desarrolla no mesmo, sendo dito horario moi inferior se o comparamos coa outra escola infantil do Pontiñas. Esta é unha situación que na práctica fai que moitas nais e pais se vexan obrigados a descartar dita escola infantil ao non cubrir as súas necesidades e teñan que optar por matriculalos na do Pontiñas ou no peor dos casos nunha privada co consenguinte aumento sustancial de coste que ten para as economías familiares".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Non podemos esquecer", resalta o BNG, "que as escolas infantís son centros educativos que desenvolven o seu labor no primeiro ciclo da educación infantil, isto é, a atención a nenas e nenos de 0 a 3 anos, proporcionando un servizo integral de conciliación a través dun programa que garante o pleno desenvolvemento das pequenas e pequenos. Desde o BNG apostamos polos que os poderes públicos aposten por medidas concretas para incrementar os servizos e prestacións que melloren as posibilidades de conciliación real da vida laboral e persoal. Tamén estamos seguros da importancia do ámbito educativo no avance da sensibilización e concienciación en materia de igualdade, e por iso, estamos convencidos que quedan aínda grandes diferenzas de oportunidades entre homes

e mulleres. Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do BNG insta ao Pleno de

Lalín á adopción de aprobar un acordo no que se inste á Xunta de Galicia a ampliar o horario da escola infantil do parque empresarial Lalín 2000, de xeito que permaneza aberta en horario de 8 da mañá ás 19:30 horas".

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page