top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG de Lalín denuncia que o Concello "non lle deixa consultar aos propietarios quen está censado na súa vivenda"


Ecos da Comarca/Lalín

A creación dunha Comisión de Investigación en referencia ao padrón municipal de Lalín non se levará a cabo debido a que o grupo de goberno a rexeitou no pasado pleno, tal e como indica o BNG. Mais iso non implica que os problemas deixaran de xurdir en relación a este tema, xa que o grupo nacionalista, de onde partiu a moción para solicitar dita comisión, continúan a recibir chamadas de veciños e veciñas que detectan anomalías

con respecto á xente empadronada na súa vivenda.

"A pesares da intención do PP de desmentir as novas e informacións a este respecto que se lle achegaron dende o BNG dende hai semanas, falando de irresponsabilidade e alarma infundada e que o propio alcalde contradiciu días despois admitindo que existía

un problema, a realidade é ben distinta, ao achar casos e casos de veciños que reciben

correo certificado de persoas que non coñecen de nada nas súas vivendas e que tampouco nunca residiron nelas. Esta mesma semana achegábanlles desde o BNG

probas de reclamacións feitas no concello solicitando a baixa no empadroamento de

persoas descoñecidas das súas casas, que foron incluídas a través do rexistro".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento

A situación de irregularidade, sinala o Bloque, "é realmente grave, ao igual que a actitude do concello ante ela. A maiores de que a persoa encargada deste asunto non está no seu posto de traballo por motivos de índole persoal, non hai ninguén que saiba dar respostas as dúbidas e peticións dos veciños que se achegan para solventar o problema, emprazándoos a voltar na seguinte semana. Máis non se trata só dunha falla de atención evidente, tamén se da información confusa sobre o tema a tratar, aludindo á lei de protección de datos para non dar respostas a quen se achega a consultar este tipo de cuestións".


Desde o BNG denuncian que a maiores da negativa de poder acceder ao expediente de alta de persoas que nin coñecen nin nunca estiveron residindo nas súas propiedades, tamén se lle nega poder ter información do histórico censal da súa vivenda. Segundo os nacionalistas, "non é de recibo que os propietarios de vivendas non poidan consultar quen está empadroado nelas, considerándoo unha vergoña para todos da que din non van ser partícipes nin mirar cara outro lado, como quedou claro no pasado pleno".


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Para os nacionalistas "é gravísimo que desde o Goberno municipal se lle negue aos veciños e veciñas, propietarios das súas vivendas, a información que reclaman sobre

quen está empadroado nas súas vivendas". Por iso, pídenlle ao PP "que non sexa cómplice

activo e que se poña do lado da veciñanza e que exerza as súas funcións. É imposible

solucionar un problema se o que ten as competencias para facelo é partícipe del”, afirman

desde o BNG.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page