top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG de Lalín denuncia a supresión da ximnasia no rural

Esixe que se retome esta actividade e acusa ao PP "de enganar á veciñanza"


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín denuncia que "dende hai tempo que, para o goberno municipal, o rural está moi lonxe de ser unha prioridade baseándose no abandono que sofre a todos os niveis ao longo de todos os mandatos do PP. A pesar de ser un importante nicho de votantes para o Partido Popular o rural lalinense, da man dos seus concelleiros, mira cara outro lado cando se lle nomean as necesidades daquela veciñanza que reside fóra do casco urbano e ven mermados, no seu día a día, todos os seus servizos e infraestruturas polas que, evidentemente, pagan impostos coma calquera cidadán".


Afirman desde o BNG que o derradeiro agravio ao que son sometidos ten relación coas actividades para o rural, "xa escasas de por si, sendo as grandes esquecidas na programación lalinense". Lembran os nacionalistas que "a partires do 2022, cando foi levada a cabo a segunda edición de ximnasia no rural cunha boa aceptación nas parroquias onde tivo lugar e un número de participantes elevado (aproximadamente 300), non se volveu coñecer a intención do goberno no seu mantemento e financiamento, a pesares de ter anunciado a bombo e platillo na campaña electoral das eleccións municipais do 2023, que se retomaría esta actividade no rural no caso de gobernar o Partido Popular, facendo chegar a nova incluso a través dos “seus pedáneos” como os propios veciños nos comentaron ao longo destos últimos meses".

Segundo o BNG moitas parroquias xa non gozaban naquel momento de ximnasia no seu propio local social, tendo que desprazarse a parroquias veciñas, coa imposibilidade de asistencia que iso conleva nos casos da xente de idade sen vehículo dispoñible ou sen permiso de conducir, por exemplo, ou nos casos nos que os locais sociais non teñen nin o tamaño nin o acondicionamento que se precisa neses casos.


Dende o grupo nacionalista lamentan "que na actualidade a veciñanza do rural non dispoña de dita actividade tan demandada, sendo as propias usuarias, nas parroquias onde na actualidade se imparte, as que corren cos gastos de xeito particular ou a través de asociacións veciñais para non abandonar dita actividade, que se suspendeu xusto pasadas as eleccións municipais, sendo un claro engano e unha triquiñuela electoral todo o prometido polo PP  en campaña neste senso".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende o BNG describen a situación coma "unha auténtica vergoña" e cren "que se debe a unha falla total de compromiso co rural e coa súa xente, aos que enganaron de xeito evidente, mentíndolle descaradamente durante todos estes meses (os veciños confirman que a actividade rematou en xuño do 2023) ata rematar por aclararlles que non se reanudaran as clases de ximnasia por falla de diñeiro para adicarlle, motivo que se lle esqueceu comentar durante a campaña electoral pasada, ao mesmo tempo de informalos de que esa carencia de orzamento ven motivada pola falta de conpromiso político para realizala e pola situación de coma enducido no que se atopan as arcas municipais debido a súa política de despilfarro e amiguismo".

Rematan os nacionalistas anunciando que trasladarán esta problemática ao vindeiro pleno para pedir explicacións e para esixir que se retome de imediato.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page