top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG de Lalín acusa ao goberno local de "arruinar as arcas municipais polo uso electoral"

O voceiro nacionalista Francisco Vilariño esixe un Plan de Sanemento urxente


Ecos da Comarca/Lalín

Desde o BNG de Lalín expresan a súa máxima preocupación ao analizar a liquidación das contas munucipais do ano 2023 e acusan ao goberno local de “situalas nun estado moi preocupante de coma profundo polo uso electoralista nas últimas eleccións municipais para comprar vontades e falta da máis mínima ética política e responsabilidade de xestión dos recursos públicos". "Á vista dos resultados negativos dos remanentes de tesourería e do aforro neto", o que cabe conforme á lexislación vixente para os nacionalistas "é esixir que se elabore un Plan de Saneamento financeiro que adopte as medidas de xestión, tributarias, financeiras e orzamentarias que permitan axustar a cero o aforro neto negativo e situar os remanentes de tesourería como positivos".


Afirman os nacionalistas que o artigo 193 da LFL di que cando a liquidación do orzamento teña remanentes de tesourería negativos poderá, na primeira sesión que se celebre, reducir o gasto no orzamento polo importe do déficit producido nos remanentes. Se esta redución é imposible, poderá recorrer a unha operación de crédito polo mesmo importe. "En caso de non adoptar ningunha das dúas anteriores, o vindeiro orzamento terá que aprobarse cun superávit non inferior ao déficit de remanentes. A liquidación do orzamento aprobada antes do 1 de marzo mostraba estes déficits e non se adoptou ningunha das medidas de redución do gasto".

Francisco Vilariño.

O voceiro nacionalista, Francisco Vilariño, aclara que tampouco se pode acudir a operación de crédito polo importe do déficit do remanente de tesourería, porque o aforro neto negativo impídelle recorrer a crédito ( art 53, LFL). Para o BNG a liquidación do orzamento con aforro neto negativo e Remanentes de tesourería negativos constitúe "unha clara e evidente manifestación de insolvencia financeira a curto prazo, que a lexislación vixente intenta subsanar con Plans de Saneamento, redución de gasto ou esixindo a aprobación do presuposto con superávit nos exercicios posteriores. Tampouco se cumpre as condicións que garantan o equilibrio a longo prazo".


O informe de intervención, sinala, "fala amplamente do descenso do índice de liquidez da entidade como consecuencia do incremento do gasto descontrolado, obviamente derivado do uso electoral que se fixo do mesmo, e do descenso do índice de solvencia que baixa ao 0,58% cando o apropiado debería ser 1,5%.. ambas indican falta de

capacidade para facer fronte de xeito inmediato ás súas obrigas e aumento do ratio de

pago a provedores". Continúa revelando Vilariño que o mesmo informe fala de que a "liquidación non cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria, tampouco co obxectivo de endebedamento nin as regras de gasto. Polo tanto, hai que esixir un Plan de Saneamento a executar antes de que remate o actual mandato. O PP botou a casa pola fiestra en ano electoral, o normal é que deixen todo pagado antes das novas eleccións..."


Publicidade

Informe de intervención

"O informe de intervención fala amplamente na pax. 11 do índice de liquidez que é a capacidade da entidade local para facer fronte dun xeito inmediato ás súas obrigas. Este

índice descende do 1,56 % do ano 2022 ao 0,49% no ano 2023 como consecuencia do

incremento descontrolado do gasto, sen repercusións nos ingresos. Do mesmo xeito, o Índice de solvencia, capacidade da corporación para facer fronte ás súas obrigas con fondos líquidos propios tamén descende como consecuencia do aumento de pendentes de cobro e descenso de fondos líquidos do 2,78% en 2022 ao 0,58% en 2023. Cando o Índice apropiado ten que ser superior ao 1,5%". As consecuencias do exposto anteriormente afirma Paco Vilariño "que son claras e demoledoras para o cidadanía: insolvencia a corto prazo e aumento dos ratios de pago a provedores: En 2018 estaba en 14,4 días e en 2023 está en 38,04 días de promedio. O mesmo informe de intervención fala que a liquidación non cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria, entendido como unha situación de equilibrio ou superávit, pola contra, contén un déficit nos remanentes de tesourería e no aforro neto, tampouco co obxectivo de endebedamento nin as regras de gasto".


Continúan os nacionalis dicindo que "empeora o fondo de maniobra con respecto ao exercicio anterior, así como o seu ciclo económico e o seu ritmo de actividade que repercuten na sostenibilidade financieira da entidade, xa que vese amplamente dende o punto de vista patrimonial o Concello de Lalín reducido o índice de liquidez e o de solvencia".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page