top of page

O BNG de Lalín esíxelle a Crespo que se sente a negociar e reconduza o problema cos feirantes

Paco Vilariño critica que a “prepotencia” do PP está a provocar “un dano irreparable e un perxuízo a Lalín”


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín considera "lamentable e moi serio o espectáculo vergoñento que o goberno do PP está a dar nos últimos semanas co asunto dos feirantes das Festas das Dores". O voceiro municipal, Paco Vilariño, critica que a“prepotencia amosada polo PP o pasado ano ao querer subir un 300% o que tiñan que pagar pola instalación de atraccións e a solución de último segundo, tiña que ter valido para que este ano non repetir erros imperdoables de falta de xestión (agardando até a última semana para sacar o concurso, sen tempo obvio de reacción diante de calquera problema e a un prezo excesivo) provocado un conflito e un dano irreparable para as festas, aos veciños e veciñas e ao

comercio e a hostalería de Lalín”.

Por iso dende o BNG esixen ao alcalde do municipio, José Crespo, e ao seu goberno “que se senten inmediatamente para reconducir a situación e resolver o problema que eles mesmos crearon aos lalinenses aínda que sexa para os días restantes de festas”.


Destaca Vilariño que é a primeira vez que este Goberno asume a organización dunhas festas e o resultado final é que vai ser a primeira vez que Lalín non conte con algo tan básico para as mesmas como son as atraccións. Sinalan que "non existe un concello da nosa categoría onde pase unha situación tan dantesca coma esta".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Vilariño critica que este conflito do PP cos feirantes "é un capítulo máis das evidencias dun goberno que quere recaudar onde sexa logo de deixar as arcas públicas tremendo e cunha débeda de máis de 11 millóns de euros”. Para o BNG resulta “cando menos curioso” que esta suba aos feirantes non se producira nas festas de hai dous anos pasado en que se daban as mesmas circunstancias “pero resulta que era ano electoral”. O voceiro nacionalista xa advirte a Crespo e ao seu goberno que o BNG “non vai a permitir que sexan os veciños e veciñas de Lalín os que outra vez máis carguen coa desfeita do PP nas

arcas municipais”.


Vilariño lembra que xa advertiu ao comezo deste mandado do “saqueo ás arcas municipais” do novo goberno local, "cunha suba das adicacións dun 17% que convirte ao de Lalín no goberno máis caro de toda Galiza, un goberno que nos custa aos veciños e veciñas 450.000 euros ao ano”. Para o BNG, o que o PP pretende agora é “recadar onde sexa para pagar aos seus concelleiros salarios de ministros a costa dos veciños e as veciñas”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Goberno insensible"

Ademais o BNG de Lalín critica a “irresponsasibilidade” do PP de Lalín que “no canto de negociar unha baixada de prezos das atraccións para facelas máis accesíbeis ás familias, o que fai é provocar un conflito que por primeira vez deixa ás festas sen atraccións.”.


Paco Vilariño critica que esta é unha nova mostra de que o goberno de Crespo “pretende seguir gobernando Lalín para os seus amigos e os seus intereses”. O BNG lalinense critica especialmente a “insensibilidade” que esta actitude do PP supón para cos cativos e cativas e a mocidade de Lalín, e tamén o “perxuízo” que o goberno de Crespo está a ocasionarlles aos comerciantes e hosteleiros locais, que están temendo que moita xente non veña ás Festas das Dores coa conseguinte merma para os seus negocios e a economía local.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page