"No referente á AP 53, o PP e o PSOE son as dúas caras da mesma moeda: Só se acordan de pedir a rebaixa das peaxes cando non gobernan a nivel estatal", considera
Ecos da Comarca/Deza
O BNG da comarca de Deza presenta enmedas por un valor de 9,2 millóns de euros áos orzamentos do Estado. As emendas que presenta son a rebaixa das peaxes na AP-53 entre Lalín e Santiago de Compostela, con cinco millóns de euros, a mellora viaria da N-525, con catro millóns de euros e a mellora das interseccións da N- 525 en (Mizoite e A Gouxa) Dozón, con 200.000. "Consideramos que, no referente á AP 53, o PP e o PSOE son as dúas caras da mesma moeda: Só se acordan de pedir a rebaixa das peaxes cando non
gobernan a nivel estatal".
"A comarca do Deza con máis de 40.000 habitantes, aos que habería que engadirlle unha parte da poboación da Estrada que utiliza estas infraestruturas na súa mobilidade, ten unha relación de dependencia con Santiago de Compostela como capital administrativa, de referencia sanitaria, especialmente a hospitalaria ou de estudos, principalmente os universitarios. Ademais, sectores económicos da zona, especialmente o primario,
gravemente afectado pola crise dos prezos en orixe, e o sector empresarial precisan de
vías de comunicación de calidade e gratuítas para seren competitivos", expón o BNG.
Esta comarca, sinala, conta con varias infraestruturas de titularidade estatal que non cumpren a función vertebradora que deberan: Liña ferroviaria Zamora-A Coruña, en "paulatino desmantelamento", peche de estacións e perda de servizos, a LAV Ourense- Santiago, sen paradas na comarca. "A N 525, con moitas deficiencias no treito Lalín – Ponte Ulla, (ausencia de carrís de adiantamento, limitación a 50KM/h) e a AP 53, con unha das peaxes máis caras do estado español sen que se contemple ningún tipo de rebaixa ou
bonificacións aos usuarios na mesma".
Ante todo isto, recalca que a "única alternativa á carísima AP 53 é a N 525. Pese ás elevadas peaxes, a AP 53 ten un promedio de tráfico diario duns 5.000 vehículos, o que supón un sablazo diario a miles de galegos e galegas que a usan fundamentalmente para aforrar tempo de viaxe e combustibles, debido á saturación da N 525, especialmente con tráfico pesado, e evitar multas de tráfico, moi frecuentes nesta estrada".
Polo tanto, pide a rebaixa das peaxes e o rescate do proxecto de mellora que integran da
N-535, treito Lalín- Ponte Ulla redactado en 2008, que contemplaba a dotación dun
terceiro carril na maior parte do treito e a mellora das interseccións na N 525 entre los PK
294 ( Lalín) e o 321 (Ponte Ulla). Neste proxecto facíase referencia ás beirarrúas en
Bendoiro e ás sendas peoniles para unir Taboada con Silleda e as de Chapa e Lamela
para unilas coa Bandeira ( Silleda).
A outra emenda é referida ás interseccións da N- 525 para acceder a Mizoite e A Gouxa (Dozón) que pese a estar construídos os pasos subterráneos desde hai anos carece de accesos aos mesmos.
Comments