top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG agoladés critica "a falla de compromiso cos veciños afectados pola restruturación parcelaria"

A deputada e o grupo municipal do Bloque confían en que a nova data para a reunión programada se respecte e non se faga coma nas ocasións anteriores e se aprace



Ecos da Comarca/Agolada

O BNG sinala que a reestruturación territorial de Agolada "continúa na parálise habitual á que os veciños xa están acostumados hai anos, demasiados anos". A deputada nacionalista Ariadna Fernández, na pasada Comisión 7 de Agricultura e Gandería, o venres da pasada semana, preguntoulle á directora xeral do AGADER sobre as reunións que se manterían cos veciños de Agolada interesados neste proceso e que eles mesmos solicitaron en innumerables ocasións. A resposta non foi unha data concreta a pesares da insistencia do grupo no BNG, que repetiu a mesma pregunta en varias ocacións sen obter outra resposta por parte de Dona Paz Rodríguez, que non fose “vostede sabe perfectamente cando é a data”, e que, segundo a solicitante da información “era completamente falso”.

O Bloque sinala que o certo é que este 2024, tras a presentación dunha iniciativa parlamentar por parte do BNG, concertouse unha reunión o 12 de setembro cos afectados polas parcelarias de AGRA-O SEXO-VAL DE SANGORZA, BAÍÑA-BERREDO-ÓRREA E BASADRE-EIDIÁN- RAMIL máis, cando a cita se aproximaba, os representantes da asociación Queremos Parcelarias, recibiron a notificación da súa suspensión, para grande decepción de todos os que agardan dende hai 22 anos pola reestruturación.


Publicidade

"Semanas despois un ruxe ruxe estendeuse polo concello de Agolada, barallándose unha nova data" que a deputada lalinense afirma “imaxino que cando me dicía que eu sabía cando se celebraría a reunión, se refería aos rumores que circulaban e situaban a xuntanza no 23 de outubro, pero visto que non foi tampouco ese o día escollido para darlle explicacións aos veciños deduzo que ou era unha información falsa ou se adiou novamente. Sexa como sexa eu non tiven novas sobre a cita en absoluto, polo que repito o mesmo que asegurei en comisión a pasada semana, descoñezo cando se achegará a directora xeral do AGADER informar aos afectados”.


Publicidade

A nova data prevista, segundo as redes sociais de membros do PP de Agolada, tal e como indica o BNG, será o 30 de outubro, algo que a deputada nacionalista achaca á presión exercida polo BNG municipal e parlamentar e asevera “agardamos que nesta ocasión non se cancele e non se deixe a xente tirada, agardando novamente, por simple decoro e respecto por unha comarca e un concello que precisa de toda a axuda posible, facendo realidade iso de que o rural é importante para o goberno, aínda que nos orzamentos fose o grande esquecido e non haxa partidas específicas para a parcelaria de Agolada” sentencia Ariadna Fernández nas súas declaracións.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page