O alcalde de Vila de Cruces demanda á Xunta que arranxe a estrada PO-960
- Laura Moure
- 10 abr 2022
- 2 Min. de lectura
Este vial une a localidade con Santiago de Compostela e o Concello colocou unhas pancartas para esixir esta actuación
Laura Moure/Vila de Cruces
"Unhas das prioridades do equipo de goberno desde que chegaron e tomaron as rendas do Consistorio é a PO-960, unha vía moi transitada que une a Vila de Cruces con Santiago de Compostela", sinala o goberno de Xuntos. Ademais, lembra que hai uns meses o tenente de alcalde, Julio López, participou nas reunións celebradas en Santiago de Compostela para solicitar unha rebaixa do prezo da autoestrada que une Vila de Cruces con Santiago de Compostela e con Ourense, pero como ratificaron as autoridades hai unhas semanas, o goberno central non está pola labor de subvencionar de ningunha maneira esta autoestrada, obrigando aos cruceños e cruceñas a ter que tomar alternativas para poder realizar os seus traslados como pode ser simplemente ao hospital de Santiago de Compostela (hospital de referencia para a comarca), polos altos prezos. Ante isto o alcalde, Luis Taboada, solicita un arranxo da PO-960.

"Pois a alternativa é esta estrada PO-960 que a Xunta de Galicia ten abandonada hai décadas e na que en varias ocasións o alcalde Luís Taboada entrevistouse con Ethel Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para darlle unha solución definitiva, e que dunha vez por todas a arránxese", sinala o Concello. Taboada entende que a Xunta de Galicia non ten autoridade para facer que a autoestrada de pago sexa máis económica ao ser unha responsabilidade do Goberno Central, pero tamén afirma que si ten responsabilidades nas súas estradas como é esta PO-960 na cal, segundo mandatario, non hai escusas para tomar a iniciativa de reparala ao ser a única
alternativa que ten Vila de Cruces para trasladarse a Santiago de Compostela.
Por este motivo, Taboada ten previsto solicitar unha nova entrevista con Ethel Vázquez para que aclare dunha vez que ten previsto para solucionar este problema. No caso de que este organismo non achegue ningunha solución, o rexedor ten pensado comezar con mobilizacións nas cales fará partícipes a todos os cruceños. De momento limitouse a poñer unhas pancartas nas que se pode ler: Cansados de esperar, só nos queda actuar. Arranxo dá estrada PO-960 xa! Unha frase de intencións na que Taboada marca o comezo dás actuacións que se farán a partir de agora para que se solucione o problema.
Commentaires