top of page

O alcalde de Palas esíxelle ao Ministerio que continúe a segunda fase das liñas de fibra óptica

Pablo Taboada indica que deberían estar rematadas actualmente e seguen sen estar finalizadas


Ecos da Comarca/Palas de Rei

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, solicítalle ao Ministerio que poña en coñecemento o estado da continuidade da segunda fase das liñas de fibra óptica xa que deberían estar rematadas actualmente e seguen sen estar finalizadas.


Publicidade

Tratase das instalacións en parte de Augasantas, Pidre, Chorexe, Vilar de Remonde, Carteire, Cubelo e outros lugares onde se asentan a maior parte de explotacións agropecuarias. Dende o Concello ofrécese colaboración para poder rematar ditas instalacións e así poder chegar coa fibra ao maior número de veciños posible xa que neste momento só se chega ao 75%.


Publicidade

O Concello remitirá sendos escritos ao Ministerio competente así como a Subdelegación do Goberno ao fin de coñecer o remate das actuacións e a sua previsión .


0 comentarios

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page