top of page

O 9 de marzo terá lugar a I Carreira Terra do Queixo con saída en Melide e chegada en Arzúa

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Arzúa/Melide

Onte presentouse na Casa de Correos de Arzúa a I Carreira Terra do Queixo, unha proba que se celebrará o 9 de marzo e que combina deporte, tradición e patrimonio, servindo como pistoletazo de saída da Festa do Queixo. Este evento nace coa vontade de consolidarse como unha cita deportiva de referencia e de unir a práctica deportiva coa identidade cultural do noso concello, así como coa promoción do comercio local.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A proba está organizada polo Concello de Arzúa, a SD Compostela Tambre-Lengüelle e a Federación Galega de Atletismo. Ademais, conta coa colaboración de Toldos Gómez (TGM), LamasBike, Turismo de Galicia, Concello de Melide, Consello Regulador DOP Arzúa-Ulloa e Eroski, entidades que contribúen a facer posible esta primeira edición.


O alcalde, Xoán Xesús Carril, destacou que “esperamos que esta sexa a primeira de moitas edicións e que acabe por consolidarse como unha cita deportiva de referencia. De cara ao futuro, estudaremos a posibilidade de incorporar unha proba de 21 km”.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde a Alcaldía, exprésase un especial agradecemento a Pachal, técnico de deportes, e a todas as traballadoras e traballadores implicados, cuxo esforzo será clave para o éxito desta carreira.

No acto de presentación tamén interviñeron: Ignacio Seijo, director da SD Compostela Tambre Lengüelle; Antonio Riveira, responsable de seguridade viaria da proba e Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega Atletismo. A proba terá lugar o 9 de marzo con saída ás 10:00 desde a Igrexa de Santa María en Melide e a con chegada naCapela da Madanela en Arzúa.


"Desde o Concello reafirmamos o noso compromiso co deporte, coa promoción do noso patrimonio e co impulso ao comercio local, convidando a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta primeira edición, que marcará o inicio dunha nova tradición en Arzúa".


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page