top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Máis de 70 efectivos participaron no simulacro dun lume forestal en Vilanova, Lebozán e Sanguiñedo

Ecos da Comarca/Lalín/Dozón

Efectivos onte no simulacro. Fonte: Concello de Lalín

Este martes tivo lugar un simulacro de incendio nos montes das parroquias lalinenses de Vilanova e Lebozán e en Sanguiñedo (Dozón). "Máis de 70 efectivos participaron neste importante operativo, dirixido polo xefe provincial do Servizo de Emerxencias de Pontevedra da Xunta, Miguel Ángel Dubois, coordinando os dous postos de mando da Axencia Galega de Seguridade (Axega) e da Consellería do Medio Rural, instalados na Praza de Galicia de Lalín", informa o Concello de Lalín.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Despregáronse polos montes axentes ambientais e bombeiros forestais para realizar as tarefas propias dun caso real, incluíndo ao GES de Lalín e a motobomba rural do parque de bombeiros de Silleda. A circulación por estradas e pistas da zona foi xestionada por Garda Civil do Posto Principal de Lalín e Policía Local, co apoio de Emerxencias de Lalín, voluntarios de Protección Civil e unha unidade da Policía Autonómica.

O simulacro de onte. Fonte: Concello de Lalín

NOTICIA RELACIONADA:

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page