Continuamos en alerta, neste caso laranxa por chuvia e vento
Ecos da Comarca/Xeral
Desde onte e ata as cinco desta tarde, as intervencións dos recursos de emerxencias creceron exponencialmente, tal e como informa o 112 Galicia. O saldo supera as 600 incidencias (668) e a caída de árbores continúa sendo a tipoloxía máis repetida das últimas horas.
Precisamente, a caída de vexetación e mesmo de obxectos e restos de estruturas está conducionando a circulación e aumenta os riscos nas rúas. "Por iso, reiteramos a necesidade de adoptar medidas de autoprotección, como retirar quitar das xanelas e balcóns calquera elemento que puida caer e comprometer a seguridade dos bens e das persoas", sinala o 112.
De feito, esta tarde o 112 Galicia rexistrou algunas incidencias neste sentido, como a caída de macetas sobre un vehículo na Coruña e mesmo unha árbore, ou unha xanela sobre un sinal de tráfico en Neda, ou taboleiros dunha obra en Pontevedra, ou un muro sobre unha estrada, que chegou a afectar tamén ao firme.
Por outra banda, o Aeroporto de Santiago avisou dunha incidencia nun voo Madrid-Coruña, que foi desviado a Santiago, e parecía ter dificultades na aterraxe. Sen embargo, a manobra puido realizarse sen complicacións e toda a pasaxe, 178 pasaxeiros e 7 de tripulación, atópanse ben.
Do mesmo xeito que a caída de árbores, vexetación e mobiliario urbano está a ser unha constante, as intervencións dos equipos de emerxencias para evitar situacións de perigo tamén. Co efecto do vento, moitas partes de estruturas, tellados, etc quedan inestables e constitúen un risco potencial. Estas accións ascenderon a 175 neste período. Igualmente, a caída de cables e postes suman 64 e producíronse 33 derrubamentos de estruturas.
Publicidade
Por provincias, A Coruña contabilizou 381 incidencias, Pontevedra 186, Lugo 65 e Ourense 30. Se atendemos aos concellos que máis intervencións rexistraron foron, na Coruña, A Coruña 69, Carballo 30, Santiago 26, A Laracha 19, Arteixo 15, Noia 10; en Pontevedra, Vigo 53, Vilagarcía de Arousa 22, A Estrada 13; en Lugo, Quiroga 11, Lugo 8, Foz 3; e, en Ourense, Ourense 4, San Cibrao das Viñas 3, Pereiro de Aguiar 3.
Continuamos en alerta, neste caso laranxa por chuvia e vento. Moita precaución!
コメント