top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Máis de 130 persoas participan no Ensaio de Fin de Ano do Centro Social dos Maiores de Silleda

A cita, que xa é un clásico na programación de Nadal, volveu a anticiparse á Noitevella ca animación de Suso de Melide


Ecos da Comarca/Silleda

Máis de 130 persoas participaron onte no Ensaio de Fin de Ano organizado polo Concello de Silleda a través do Club do Centro Social dos Maiores. Nesta cita, que xa é un clásico na programación de Nadal de Silleda, volveron a tomar as uvas por adiantado para brindar polo Ano Novo. A animación musical a cargo de Suso de Melide amenizou a velada en Silleda, onde tamén se celebrou a multitudinaria Festa Pre Fin de Ano con París de Noia e Panorama organizada pola Asociación Xuventude Silleda e Grupo Troula ca

colaboración do Concello.


Publicidade  

O luns, festa infantil no pavillón

Silleda vive ademais unha fin de semana intensa, ca música como protagonista. Hoxe, sábado, ás 19:30 horas terá lugar a 24 edición do Concerto de Nadal da Banda de Música Municipal de Silleda, que baixo o título “Rebobinando” repasará grandes clásicos da música pop dos 80. A cita, no pavillón 1 da Semana Verde, é unha das máis agardadas do ano.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda o luns 30 os máis novos serán protagonistas dunha nova festa infantil con hinchables, xogos, animación, DJ e outras sorpresas que se celebrará no pavillón César González Fares de Silleda a partir das 17:00 horas. E ás 20:30 terá lugar tamén o luns a segunda das proxeccións de Nadal sobre a fachada da Casa do Concello (20:30 horas).

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page