top of page
Foto del escritorLaura Moure

Mitma somete a información pública o trazado para mellorar a seguridade vial da N-547 en Melide

Transformarase a intersección existente nunha glorieta que permitirá acondicionar o tráfico no acceso ao municipio


Laura Moure/Melide

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) aprobou provisionalmente o proxecto de trazado de “Mellora de seguridade viaria e reordenación de accesos na estrada N‐547 no km 49,450, no termo municipal de Melide”. Hoxe, mércores 19 de xullo, publícase o anuncio correspondente no Boletín Oficial do Estado (BOE) para o seu sometemento a información pública.

O proxecto expón a execución dunha glorieta na entrada ao municipio de Melide, para acondicionar o tráfico da zona e reordenar os accesos existentes, mellorando así a seguridade viaria. Para iso, realizaranse as seguintes actuacións que contan cun orzamento estimado de 499.711 euros (IVE incluído).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
  • Execución de intersección tipo glorieta no km 49,450 da N-547.

  • Reordenación de accesos na zona para a conexión da N-547 coa CP-4603 e a Rúa Sabían.

  • Resto de obras complementarias, como: Rehabilitación de firme; reposición de drenaxe, iluminación, servizos e propiedades e reposición e adecuación de sinalización, balizamento e defensas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page