top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Mina Touro O Pino NON presentará alegacións ao proxecto de reapertura da mina de cobre en Touro

Dende onte, 22 de novembro, hai 30 días hábiles para presentarlas


Ecos da Comarca/Touro

A Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON anuncia que presentará alegacións ao proxecto de reapertura da mina de cobre en Touro. "O proxecto denegado da mina volve ao DOGA sen licenza social", afirma o colectivo que engade que "a mina de Touro non ten licenza social, só paga patrocinios e publicidade cousa ben distinta".


"En xuño soupemos que, logo de catro anos da denegación do proxecto de reapertura da mina, a empresa Cobre San Rafal e a Consellería de Economía e Industria levaban dende xaneiro deste ano axustando os informes precisos para convertir o proxecto denegado en 2020 nun chamado “novo proxecto” que permitira a sua declaración como proxecto industrial estratéxico. Un PIE, esa fórmula que lle permite a calquera “bendecido” pola gracia de Industria, que teña “barra libre” para facerse con terras, que non lle pertencen, onde queira e para o que queira, aínda que sea totalmente incompatible coa vida da xente, cos seus medios de vida, coa saúde, coa protección ao medio ambiente, coa lexislación urbanística e un longo etcetc, e conte ademais con prioridade absoluta para a obtención de subvencións públicas sobre outras actividades con maior necesidade e asentadas no territorio. Un todo vale", recalca a asociación veciñal.

Autor: Ecos da Comarca.

Este chamado, indica, " “novo” proxecto afecta a máis de 1.700 terreos de Touro e O Pino ata alcanzar ás máis de 800 hectáreas que quere ocupar; pero non é nada novo. Segue sendo unha mina a ceo aberto para a extracción de cobre nas mesmas terras e coas mesmas distancias; que requerirá grandes cantidades de auga, que precisará ter grandes balsas de residuos cun risco de rotura alta a 200 metros das vivendas; que levará a cabo

actividades que dañarán a calidade do aire con voaduras diarias; con graves daños do solo e da auga superficial e subterránea; que seguirá sendo unha actividade que perxudicará a calidade de vida e impedirá a permanencia, mantemento e instalación doutras industrias incompatibles co seu monopolio como son as agrarias, agroalimentarias, gandeiras, forestais, turísticas que son a nosa base industrial actual; non xerará emprego xa que se alimentará sobre todo con subcontratas das suas empresas asociadas e vinculadas, coas que xa se suministra, aínda que lle queiran chamar creación de emprego, eses postos xa existen e xa teñen nomes; tampouco beneficiará a maior industria coa que conta o Concello de O Pino, que é o Camiño de Santiago na súa ruta máis concurrida a do Camiño Francés, que elexirán outras rutas máis atractivas para o seu camiño a Santiago en lugar desta; O río Ulla, a nosa maior riqueza natural, tan maltratado como está e como o queren converter, con pasteira e a mina será a súa sentenza de

morte, por moita bolla que teñan en Carril dicindo que a auga alí sae moi boa, obviando

incluso, na súa osadía, o que di o Plan hidrolóxico Galicia Costa na súa derradeira revisión.

Un todo vale, e minte, minte que algo queda".


Ademais a plataforma apunta que "o xogo continuo cos recursos hídricos, sin importarlles en absoluto a situación de restriccións que xa se vive dende hai anos, e no que agora xa piden o traspaso da captación da auga do río Lañas, da que desfruta Explotaciones Gallegas para os usos industriais de todo o seu grupo dende hai máis de 30 anos, que lle foi traspasada coa compra dos terreos da mina por Río Tinto, agora tamén van facer uso dela para a mina e pasala a titularidade Cobre San Rafael, a pesar de ser excedentarios de auga das balsas que piden verter, iso si auga mala, que seica tratarán nunha depuradora e volverán ao río Pucheiras que leva eses mesmos anos sen flora

nin fauna. A isto chámanlles accións sociais".-


Cal será a seguinte acción social? pregúntase a plataforma. "Comprar auga mineral para repartir na feira dende a furgoneta de recoller curriculums e sacar fotos dicindo que cumpren coas demandas da sociedade? Un todo vale Teríamos unha longa exposición para este proxecto repetido, denegado".


Publicidade

"Nos 30 días hábiles que se nos da de prazo en información pública dende hoxe (onte día 22 novembro), demostraremos unha vez máis que non teñen a licencia social; a licencia social non se pode mercar. Tamén aportaremos informes e demostraremos que este proxecto é o mesmo que o denegado e por tanto non poderá ser aprobado, como xa non o foi antes. Volvemos a apelar á cidadanía e todos os colectivos que nos apoiaron, que se manifestaron contra a reapertura da mina, todas esas persoas que sempre nos seguiron e seguen estando contra a reapertura da mina en Touro e O Pino, que entre todas volveremos a conseguir que se denegue. Quen nos queiran axudar aportando alegacións e informes pode poñerse en contacto a través do correo electrónico minatouroopinonon@gmail.com  , quen queiran presentar alegacións poden seguirnos en redes onde iremos aportando distintos modelos para presentar ou escribídenos e farémosvoslas chegar. Porque todo, non vale", recalca a Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON.

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page