Laura Moure/Palas de Rei
A Consellería de Economía, Industria e Innovación concedeu a autorización administrativa favorable para a construción dunha instalación eléctrica en Merlán a petición do Concello de Palas de Rei á operadora Unión Fenosa Distribución, S.A
Publicidade
Desta maneira, a veciñanza da parroquia de Merlán, terá ampliada a súa potencia eléctrica nos domicilios ao pasar de ter un transformador de 50 kVAS por un de 100 kVAS. A media foi tomada ante os continuos cortes eléctricos presentados, que motivaron unha demanda de maior potencia eléctrica que dea cumprida resposta as necesidades dos veciños/as.
Publicidade
Tamén se procedeu a repotenciacións similares en: Pidre, Chorexe e Ponte Mercé.
Commentaires