top of page

Melide celebra este domingo o Corpus con procesión e cunha alfombra floral

Laura Moure/Melide

Estes días moitas vilas e cidades destacan polo seu colorido debido á conmemoración do Corpus Christi. As alfombras florais son arte e nelas involúcrase moitas persoas para despois desfrutar centos delas. De feito, no ano 2020 dez municipios sumáronse á petición da Federación Galega, que fixa a orixe desta arte no século XIV en Pontevedra e Ourense. Nas comarcas, podemos desfrutar destas creacións en Melide, que precisamente hoxe acolle esta celebración.

Alfombra floral en Melide. Autora: Chus Moure.

Aínda que o tempo non está acompañando, a alfombra dá luz e brillo ao entorno do casco histórico desta localidade, na Praza do Covento. Ao pé da igrexa doeSan Pedro convírtese nun gran espectáculo que non deixa a ningúen indiferente. De feito, a xente aproveitou xa a mañá do domingo para ver esta creación ao mesmo tempo que se achegou ao mercado dominical.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

A procesión está prevista para as oito da tarde.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page