O prazo para presentar as solicitudes é dun mes a partir de mañá, día seguinte da
publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG)
Ecos da Comarca/Xeral
A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, vén de convocar as axudas para o fomento das razas autóctonas galegas, dotadas cun orzamento de 220.000 euros. Así o recolle a orde publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), na que se establecen as bases reguladoras.
Poden beneficiarse destas achegas as organizacións ou asociacións de criadores das
razas autóctonas galegas recoñecidas oficialmente pola Comunidade Autónoma para a
xestión do libro xenealóxico no marco do Programa de cría da raza correspondente. Neste sentido, as axudas teñen como finalidade aumentar a rendibilidade das explotacións gandeiras; modernizar o sector primario galego en materia de xenética, sanidade e
producións; así como mellorar a eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das
calidades nas súas producións.
Publicidade
Os gastos subvencionables serán aqueles derivados da creación ou mantemento de libros
xenealóxicos. As achegas tamén servirán para sufragar os gastos relativos á implantación
e desenvolvemento dos programas de cría oficialmente aprobados. O prazo para presentar
as solicitudes é dun mes a partir de mañá, día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Publicidade
Estas subvencións non só presentan beneficios para a biodiversidade, senón que contribúen á preservación do patrimonio cultural de Galicia e ao desenvolvemento
económico da comunidade rural galega. Manter medidas de apoio a estas razas tamén permite que se desenvolvan sistemas agrogandeiros máis resilientes e sostibles.
Ligazón á orde no DOG:
Comments