Medio Rural pon en valor en Lalín a carne 100% galega e de produción ecolóxica
- ecosdacomarca
- 24 ago 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou a explotación de gando vacún de razas galegas “Do monte á mesa”, que conta co selo de Agricultura Ecolóxica e 100% Autóctono.

Así, consolídase como un exemplo de produción de carne de calidade e sostible de Cachena, Rubia Galega e Frieiresa, que se localiza en terreo da Rede Natura 2000, nos
montes do Candán e Testeiro.
Publicidade
Nesta liña, o director salientou a necesidade de apostar polas razas autóctonas da nosa
comunidade e pola agricultura extensiva como factores determinantes no coidado do
terreo e na contribución á súa fertilización natural.
A Consellería do Medio Rural reitera tamén o papel do gando bovino como “cortalume natural” no contexto da prevención fronte aos incendios forestais e aliado na preservación da biodiversidade.
Comentarios