Inaugurou un taller que organiza coa Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales (FADEMUR), na que participaron mulleres deste concello agrupadas en Amurusa
Laura Moure/Santiso
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, inaugurou este luns un taller formativo Contra a Violencia de Xénero que organizada en colaboración coa Federación de Asociacións de Mujeres Rurais (FADEMUR/FADEMUR), na que participaron mulleres do concello de Santiso agrupadas na Asociación de Mulleres Amurusa.
A subdelegada do Goberno, insistiu na necesidade de achegar os recursos para a loita contra a violencia de xénero aos concellos rurais, xa que a violencia de xénero, desgraciadamente, está presente en todo o territorio. Neste sentido sinalou que do total de casos activos en VioGén en Galicia neste momento, o 60% están situados fóra das grandes cidades, é dicir, na zona rural, por iso é importante facer accións formativas como esta para que, en colaboración coas asociacións xa presentes e con arraigamento no territorio, buscando a súa complicidade e implicación para que poidan traballar na prevención, na concienciación e na detección da violencia machista.
María Rivas destacou que actividades como esta contribúen a visibilizar e axudar a tomar conciencia das múltiples formas de violencia contra as mulleres, así como proporcionar información sobre os recursos dispoñibles para actuar. Na súa intervención, María Rivas informou dos recursos dispoñibles para a loita contra a violencia de xénero, poñendo especial fincapé no traballo que se fai tanto desde a Garda Civil, como os Policías Locais. Neste sentido destacou a importancia de que os concellos rurais que conten con Policía Local, sómense ao sistema Viogen, xa que permite unha actuación máis eficiente por parte das Forzas e Corpos de Seguridade.
Publicidade
Na presentación da xornada tamén interviñeron a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais Amurusa, Berta Sanguiao; a presidenta de Fademur Galicia, Verónica Marcos, e o alcalde da localidade, Manuel Adán. A parte formativa desta actividade estivo a cargo da Xefa da área de Unidade contra a Violencia de Xénero da subdelegación do Goberno na Coruña, Manuela Vilaboy Romero; o responsable do CIM de Arzua, Adrian M. Gonçalves Barbosa; e o Cabo 1º do equipo de VioGén, Miguel A. Mosquera.
A actividade realizada este luns en Santiso está enmarcada dentro dunha ampla programación despregada pola subdelegación do Goberno na Coruña para conmemorar o 25N, Día Internacional de Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. Más actividades do 25 N Dentro do programa de actividades do 25N, a subdelegada quixo resaltar aquelas destinas a achegar os recursos aos concellos e á xente moza. Así lembrou os talleres de educación afectivo sexual, desenvoltos en centros escolares de Miño e Negreira; ou a actividade “Regueifando en Igualdade” que chegou a máis de 150 mozos e mozas dos concellos de Cedeira, Cee e A Coruña.
Publicidade
Haberá dúas actividades dedicadas á formación de profesionais que estarán centradas no duelo e nos trastornos de personalidade nas vítimas de violencia de xénero prevista para o 18 de novembro; ou o réxime de visitas en casos de vítimas de violencia de xénero, que terá lugar o 29 de novembro. Ademais, seguirase achegando aos concellos da provincia a “Maleta viaxeira contra a violencia de xénero – MAVI” para fomentar a lectura e promover a reflexión, a sensibilización e a concienciación sobre a violencia sobre a muller, a igualdade, e os estereotipos e roles de xénero. As próximas paradas serán en Fene e Camariñas
Comments