Teleseita, Clochett e El vestidor de Chloé tamén recibiron mencións
Laura Moure/Lalín
María Pájaro coa historia de “O quebranoces e o Rei dos ratos” e Fotografía Bernabé co conto de “Pinocho” foron os dous escaparates máis votados dentro do concurso dos escaparates das “Aldeas de Nadal” de Lalín e que, polo tanto, se alzaron co 1º e 2º premio, respectivamente. Deste xeito María Pájaro, da tenda María Pájaro (rúa Calzada), que recibiu un total de 5.807 puntos, alzouse co primeiro premio dotado con 500 euros ademais de que Aldeas de Nadal lle fará o escaparate do ano que vén, e Fotografía Bernabé (rúa Joaquín Loriga), sumou un total de 2.318 puntos e recibirá 500 euros como premio.
Cómpre sinalar que neste primeiro concurso de escaparates de “Aldeas de Nadal” que o Concello desenvolve en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia contou cunha elevada participación: 31 establecementos que se uniron a esta innovadora iniciativa coa que se incentiva a dinamización do pequeno comercio ademais de fomentar que os comerciantes decoren os seus escaparates con creatividade.
Os escaparates gañadores elixíronse polo número de votos recibidos da xente (veciños e visitantes) a través de códigos QR instalados nos 31 establecementos participantes durante o tempo en que se desenvolveu o concurso, isto é, entre o 13 de decembro e o 5 de xaneiro, incluído.
Ademais dos dous escaparates gañadores decidiuse facer mencións aos tres seguintes que recibiron máis votos:
Publicidade
3º.Teleseita (Avda. Luis González Taboada): recibiu 2.159 votos polo seu escaparate “O Ratiño Pérez na aldea dos soños de Nadal”.
4º. Clochett (Pontiñas Centro Comercial): recibiu 2.067 votos polo seu escaparate “Refuxio de soños/Caperuchiña Vermella”.
5º. El vestidor de Chloé (rúa Antonia Ferrín Moreira), que sumou 2.010 votos co seu escaparate “O xastriño valente”.
Proximamente os premios serán entregados nun acto público no que se fará tamén recoñecemento ás mencións.
Comentários