top of page

Marta Maceira Ansedes, elixida como (in)visible de abril polo Concello de Silleda

A elección coincide coa conmemoración do Día Internacional da Danza, unha disciplina á que Marta leva vinculada toda a súa vida


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través da Concellería de Igualdade, que dirixe Ángela Troitiño, vén de nomear a Marta Maceira Ansedes como a (in)visible do mes de abril dentro do programa municipal (in)Visibles, que busca recoñecer e visibilizar o papel das mulleres en distintos eidos da sociedade. A elección coincide coa conmemoración do Día Internacional da Danza, unha disciplina á que Marta leva vinculada toda a súa vida.

Nada en 1994 e veciña da parroquia de Lamela, Marta Maceira é profesora de danza, instrutora de Pilates e de Barre —un adestramento que combina ballet, ioga e pilates—. Con formación en Produción audiovisual, radio e espectáculos, leva xa 14 anos ao fronte da Asociación Maisquedanza de Lalín, desde onde promove a danza en toda a comarca de Deza, impartindo clases en municipios como Lalín, Silleda, Rodeiro, Bandeira, Vila de Cruces, Prado e mesmo Arzúa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Apaixonada pola danza desde nena, Marta combina a docencia coa reciclaxe continua en novas tendencias tanto do baile como do ámbito deportivo. Mesmo durante a pandemia mantivo a súa actividade impartindo clases en liña.


Xa asentada de novo no rural tras residir en cidades como Santiago de Compostela ou Madrid, Marta puxo en marcha tamén o seu propio espazo, Studio78, un centro especializado en Pilates e Barre no centro de Lalín, promovendo así a actividade física saudable e adaptada a todas as idades.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O seu compromiso coa danza vai máis alá da formación, participando en iniciativas conxuntas con bandas, escolas de música, corais e asociacións solidarias como a Asociación contra o Cancro ou O Mencer, así como colexios e institutos de toda Galicia.


O programa (in)visibles do Concello de Silleda continúa así a poñer en valor historias de mulleres referentes no territorio, recoñecendo neste caso o traballo dunha artista que fixo da danza un estilo de vida e unha ferramenta para o benestar e a cohesión social.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page