Luis López remarca en Rodeiro, o compromiso da Deputación coa mellora dos servizos no Concello
- ecosdacomarca
- hace 2 días
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Rodeiro
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, afirma que se “Pontevedra é a provincia do deporte” é, en boa parte, pola aposta estratexia que o goberno provincial está levando a cabo en concellos de todo o territorio para modernizar as instalacións municipais a través de plans específicos e pioneiros como o segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. É o caso de Rodeiro, que a través das dúas edicións deste programa provincial recibiu un total de 121.000 euros da Deputación para ampliar e mellorar as pistas de pádel municipais. Nunha visita este martes a este recinto deportivo acompañado polo alcalde, Jose Luis Camiñas; e o tenente de alcalde Alberte Lamazares, e outros concelleiros, o presidente Luis López defendeu o compromiso do goberno provincial coa descentralización non só no ámbito administrativo ou cultural, tamén no deportivo, dotando a concellos como o de Rodeiro de instalacións de calidade e de alta demanda para que os veciños poidan facer deporte sen desprazarse a outros concellos.

A colaboración entre a Deputación e o Concello de Rodeiro permitirá a execución dunç proxecto consistente na construción dunha nova pista de pádel e dunha cuberta para o recinto. A través da primeira edición do PEID, a Deputación concedeu ao Concello unha subvención de 31.700 euros para a construción da superficie para unha segunda cancha aprobada xa mediante resolución presidencial. Na segunda entrega, que se aprobará o vindeiro luns en Xunta de Goberno, a contía subiu ata os 89.200 € que servirán para a construción dunha cuberta para as dúas pistas e o peche perimetral da segunda. Un proxecto que demostra a vontade de cooperación da Deputación co goberno local, que destina os recursos das dúas edicións deste plan á mellora destas instalacións municipais. “Estas pistas de pádel municipais de Rodeiro están hoxe máis preto de ser unha realidade”, sinalou López.
Publicidade
O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación repartiu na súa primeira edición un total de 4 millóns de euros entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Nesta segunda entrega duplica o seu orzamento ata os 8 millóns de euros. Trátase dun plan que está a ter unha excelente acollida entre os concellos e que, despois dunha primeira entrega exitosa, este ano incorporou novidades como o incremento da dotación mínima que reciben os concellos, que pasa dos 25.000 euros do ano anterior, aos 75.000 euros actuais. Unha mellora que beneficia sobre todo a concellos pequenos como Rodeiro.
Publicidade
A visita deste martes do presidente Luis López ao seu concello de orixe non é a primeira. En novembro do ano 2023 asinou co alcalde un convenio para a humanización da Rúa B e no pasado inverno mantivo encontros co sector gandeiro, que recibe tamén o apoio provincial. Tampouco é este proxecto de colaboración o único que ten en marcha o organismo provincial este ano en Rodeiro. A través dos distintos plans de Cooperación que ten en marcha o goberno provincial está prevista unha achega de 1,23 millóns de euros. A través do plan +Provincia, correspóndelle ao Concello de Rodeiro un total de 639.660 euros; do segundo PEID, 89.223€; e do Plan Extra, 500.000 euros.
Comments